top of page
Foto del escritorLaura Moure

Restablecido o servizo de auga para consumo humano na fonte de Outeiro, en Silleda

As analíticas deste manancial, que realiza periodicamente o servizo municipal de augas, xa contan con niveis óptimos


Laura Moure/Silleda

A auga da fonte de Outeiro, en Silleda, xa é apta para o consumo humano, tal e como informa o propio Concello. Así se desprende da última analítica realizada polo servizo municipal de augas, e que está ademais colocada a disposición do público neste

enclave.

A fonte foi precintada hai varias semanas despois de que os niveis detectados nas analíticas desaconsellaran o uso deste caudal para o consumo humano. Pero unha vez confirmada que as analíticas, que o Concello de Silleda realiza periodicamente como é preceptivo, xa arroxan valores normais, onte mesmo quedou restablecido o uso da fonte de Outeiro, unha das máis utilizadas pola veciñanza da vila e arredores.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Dende o Concello laméntanse as molestias ocasionadas nas últimas semanas polo peche desta fonte, que xa se pode utilizar dende este xoves con normalidade.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page