top of page

Rescatada con vida unha persoa dun incendio nun piso en Oroso

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Acudiron os Bombeiros do Parque Provincial de Arzúa


Ecos da Comarca/Xeral

Un camión dos Bombeiros de Arzúa. Autor: Ecos da Comarca.

Os bombeiros do Parque Provincial de Arzúa acudiron a sufocar un incendio no concello de Oroso no que foi rescatada con vida unha persoa que foi traslada en ambulancia en estado de inconsciencia, tal e como informa o gabinete de prensa do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento A Coruña.


Tal e como indican os propios Bombeiros de Arzúa foron apoiar aos Bombeiros de Ordes.


A vivenda está localizada no segundo andar dun edificio na rúa Grabanxa de Oroso.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O 112 Galicia sinala que foi un home o rescatado. El mesmo contactou ás 9:10 horas desta mañá cos servizos sanitarios, que comunicaron os feitos ao 112 Galicia: un colchón estaba ardendo nun piso da avenida da Grabanxa, en Sigüeiro. O implicado non era quen de abrir a porta do domicilio para saír ao exterior e atopábase confinado na cociña.


De inmediato, desde o 112 Galicia solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Ordes, da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil de Oroso. Como diciamos tamén foron os Bombeiros de Arzúa.


Pouco despois das 10 horas, os bombeiros informaron de que o lume estaba xa extinguido e que calcinara o colchón. Ao mesmo tempo, os profesionais sanitarios atenderon e finalmente trasladaron en ambulancia ao home, que se atopaba inconsciente, ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page