top of page

Quedarán prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais a partir deste xoves, 10 de abril

Ecos da Comarca/Xeral

A partir deste xoves, 10 de abril, quedarán prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais realizadas por particulares en Galicia ata novo aviso. Esta medida supón que non se darán máis permisos e os xa concedidos quedarán en suspenso a partir do xoves. Quedan fóra desta prohibición as queimas prescritas que executa o Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais debidamente planificadas e dispoñendo dos medios de extinción precisos.

Esta decisión adoptouse despois de avaliar a evolución da situación meteorolóxica e unha

vez analizados polo miúdo os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de lume. Tamén tendo en conta que a normativa –Decreto 105/2006, polo que se regulan medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais– prohibe as queimas cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Así mesmo, a Consellería do Medio Rural pide a colaboración da cidadanía para que extreme as precaucións e denuncie calquera actividade delituosa incendiaria da que teña coñecemento, dado que desde este xoves e ata novo aviso non está permitido o uso do

lume para ningunha actividade agrícola e forestal para particulares. Ademais, a Consellería

lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que

deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page