top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Preto de 100 persoas desaloxadas por un incendio nun centro de ensinanza en Ferrol

Ecos da Comarca/Xeral

Fonte: Bombeiros de Ferrol.

Preto dun cento de persoas teñen que ser desaloxadas por un incendio nun centro de ensinanza, en Ferrol. Por fortuna, ningún dos estudantes e profesores que se atopaban nese intre no centro precisou asistencia sanitaria.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

O aviso deuse por parte dun particular pouco despois das 16:00 horas. A persoa que efectuou a chamada advertiu ao 112 Galicia de ver saír chamas do interior dun taller de madeira, pertencente a un centro de ensino da rúa Ramón y Cajal (Ferrol), sen que o alertador puidese especificar que era o estaba a arder nin sequera se había feridos. De contado, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia avisouse aos Bombeiros de Ferrol, á Policía Nacional, á Policía Local e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ferrol.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

De igual maneira, o conserxe do centro púxose en contacto co 112 Galicia para informar sobre os feitos. Tras isto, por precaución, procedeuse á evacuación do edificio. En total, segundo indicou o propio conserxe, preto dun centenar de persoas entre profesores e alumnos habitaban neses intres o local de ensino, sen que ninguén resultara afectado.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Os bombeiros foron os encargados de extinguir o pequeno foco de lume iniciado nunha papeleira dunha aula de carpintería situada no soto do edificio principal, que albergaba madeira, disolventes e diversas máquinas no seu interior. Segundo confirmaron os profesionais de extinción, unicamente ardeu a papeleira, sen embargo, provocou que o fume se estendera por toda a aula.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page