top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Prende lume nunha caseta próxima á vía de alta velocidade Ourense-Santiago en Noceda, Lalín

Ecos da Comarca/Lalín

Foto de arquivo.

A primeira hora deste venres rexistrouse un incendio en Lalín. Tal e como informa o 112 Galicia durante a mañá, concretamente ás 08:07 horas, tivo coñecemento dun incendio a través de Adif, empresa responsable da administración de infraestruturas ferroviarias. Segundo explicaron, tratábase dunha pequena caseta próxima á vía de alta velocidade Ourense-Santiago.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

No seu interior resgardaban baterías de chumbo, xunto con multitude de equipos e periféricos informáticos, polo que se solicitou a intervención dos Bombeiros de Deza.


Os membros do parque comarcal desprazáronse ata Noceda (Lalín) para sufocar con varios extintores o lume que quedaba.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Antes de volver á base informaron de que unha das dúas torres eléctricas presentes no lugar viuse afectada polo incendio. Tamén se achegaron ata a zona efectivos da Garda Civil, así como o GES e a Policía Local de Lalín.




0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page