top of page
Foto del escritorLaura Moure

Peluquería Carlos Gómez gaña o primeiro premio do Concurso de Escaparates de Nadal de Melide

O segundo foi para a Carnicería Cardelle e o terceiro para a imprenta Intres Fotografía


Laura Moure/Melide

Peluquería Carlos Gómez vén de alzarse co primeiro posto no Concurso de Escaparates de Nadal do Concello de Melide. O xurado, que fixo pública onte a súa decisión nun acto celebrado no Salón de Plenos municipal, outorgou o segundo e terceiro premio a Carnicería Cardelle e a Intres Fotografía, respectivamente.

O escaparate gañador da Peluquería Carlos Gómez.

Na súa decisión, o xurado, designado pola concellería de Comercio, tivo en conta a orixinalidade, a montaxe, a estética, a creatividade e mais a ambientación propia de Nadal dos vinte e cinco escaparates a concurso (seis máis có ano pasado).


O primeiro premio do concurso, obtido pola Peluquería Carlos, ten un valor de 1.000€. O segundo premio, que obtivo Carnicería Cardelle, é de 500€. Por último, o terceiro premio, vai para Intres Fotografía con 250€.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O concurso natalicio, que continúa medrando ano a ano en participación e sumando novos comercios, é unha das iniciativas do Concello que promoven a creación dun

ambiente único de Nadal no municipio durante as datas festivas


O concelleiro de Comercio, Xosé Igrexas, valorou moi positivamente a edición deste ano,

tanto polo nivel da decoración como polo incremento no número de establecementos

participantes.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page