top of page
Foto del escritorLaura Moure

Pedro Blanco informa que o Kit Dixital concedeu máis de 22.000 axudas ás pymes galegas para a dixitalización

Laura Moure/Xeral

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, informou esta semana que Red.es, entidade adscrita ao Ministerio de Transformación Dixital a través da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, concedeu máis de 22.000 axudas do programa Kit Dixital a autónomos e pequenas empresas galegas.

Esta iniciativa levada a cabo polo Goberno de España supón un investimento de máis de 94 millóns de euros dos fondos europeos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia para as pemes en Galicia.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Pedro Blanco confirmou que as catro convocatorias abertas ata o momento deste programa dispoñen de fondos polo que os autónomos, pemes e entidades susceptibles de alcanzar estes bonos poden seguir solicitándoos. Red.es sumará proximamente unha quinta convocatoria dirixida as medianas empresas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Nos dous anos desde a súa creación, o Kit Dixital converteuse no programa de axudas á dixitalización máis demandado da historia de España chegando ao 80% dos municipios españois. Convocatorias abertas Desde a súa presentación, Red.es lanzou catro convocatorias do programa Kit Dixital que seguen activas en paralelo, permitindo que todas aquelas empresas e autónomos con menos de 50 empregados e que cumpran cos requisitos poidan solicitar a axuda.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Para a súa concesión a empresa non ten que achegar ningunha documentación, só ten que autorizar a Red.es a consultar os requisitos e obrigacións requiridas. Se a solicitude é correcta, a axuda concédese en 15 días.


O prazo para solicitar a axuda en todas as convocatorias estará aberto ata o 31 de decembro de 2024.



0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page