top of page

Pedro Blanco avanza en Toques que o Goberno destina 23M€ para ampliar a conexión 5G en 181 concellos

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

O alcalde trasladoulle varios proxectos en materia de vivenda pública, turismo e saneamento, que o delegado trasladará aos ministerios correspondentes


Laura Moure/Toques

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, fixo fincapé en Toques sobre o compromiso do Goberno co rural galego, onde inviste 23 millóns de euros para a súa conectividade a través da rede 5G. Este investimento corresponde á segunda adxudicación do Programa UNICO 5G Redes Activas, do Ministerio para a Transición Dixital e da Función Pública, que o delegado avanzou acompañado polo alcalde de Toques, José Ángel Penas, ao ser este un dos municipios que se benefician desta última convocatoria.

Pedro Blanco destacou o gran beneficio que esta segunda fase do programa representa para máis de 35.000 galegas e galegos que viven nun total de 181 concellos, todos eles de menos de 10.000 habitantes. Neles levarán a cabo 391 actuacións de mellora nas infraestruturas da rede para adaptalas ás comunicacións 5G, ou ben de instalacións doutras noticias no caso de ser necesario.


Pedro Blanco destacou que o Goberno, mediante programas como este, aposta con forza por un rural vivo e con futuro, “o que é de aquí que poida vivir aquí, achegando oportunidades e permitindo á veciñanza mirar cara ao futuro”. Implantando a rede 5G no rural, o Goberno propicia que os pequenos concellos atraian poboación, “unha meta na que estamos a traballar, e con accións como esta queda claro que estamos no bo camiño”. Deste xeito, o delegado sinalou que “o Goberno avanza cara unha sociedade máis xusta e adaptada ao progreso”.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Desde o 2019, o Goberno leva investidos 275 millóns na dixitalización de Galicia, facéndoa progresar e eliminando calquera fenda tecnolóxica no territorio. Esta liña de axudas está destinada totalmente a concellos de menos de 10.000 habitantes, para dotar ao rural das infraestruturas fundamentais para a vida cotiá.


Un total de 391 proxectos entre as catro provincias

“Estes traballos repercuten no benestar de miles de galegas e galegos”, destacou Pedro Blanco, sinalando que se van a executar 391 accións repartidas en 181 concellos da Comunidade. Por provincias, A Coruña recibirá 9,3 millóns de euros para 98 proxectos, repartidos en 51 municipios; Lugo, 5,7 M€ para 122, repartidos en 50 municipios; Ourense, 4,7 M€ para 75, repartidos en 52 municipios, e Pontevedra, 3,3 M€ para 96, repartidos en 28 municipios.


Programa UNICO 5G Redes Activas

O programa UNICO 5G Redes Activas é unha iniciativa pioneira en Europa. Destina fondos do Plan de Recuperación para financiar equipamentos activos e a construción de torres que amplíen o despregamento do 5G con funcionalidade plena en municipios pequenos.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O obxectivo é dotar de cobertura 5G a localidades nas que non existe cobertura móbil 4G de polo menos 50 Mbps en sentido descendente, e onde non está prevista que a haxa no próximos tres anos. Desta maneira, o Goberno continúa co seu compromiso para que as redes de comunicación ultrarrápida cheguen a toda a poboación, tamén ás localidades pequenas. As redes 5G non só melloran a cobertura de banda, permiten o desenvolvemento de aplicacións e servizos que impulsan a economía.


Compromiso con Toques

Na reunión que mantiveron, Pedro Blanco reafirmou a José Ángel Penas o compromiso que o Goberno ten con Toques. O alcalde trasladoulle varios proxectos en materia de vivenda pública, turismo e saneamento, que o delegado trasladará aos ministerios correspondentes “para seguir avanzando nos servizos para a cidadanía de Toques e profundando na colaboración deste concello co Goberno”.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page