top of page
Foto del escritorLaura Moure

Pedro Blanco anima en Lalín ás pymes galegas a pedir as axudas do Programa Activa Crecemento

O delegado do Goberno en Galicia visitou ás instalacións da empresa agroalimentaria Kalekói situada na comarca de Deza


Laura Moure/Lalín

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, aproveitou a súa visita ás instalacións da empresa agroalimentaria Kalekói, en Lalín, para animar ás pemes galegas a solicitar as axudas do novo ‘Programa Activa Crecemento’ posto en marcha polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo con fondos do Plan de Recuperación do Goberno. Este programa, dotado con 15,9 millóns de euros, ten como finalidade a contratación, por parte das pequenas e medianas empresas, de servizos de asesoramento personalizado.

O delegado explicou que as empresas beneficiarias poderán contratar consultoras e entidades de acreditada experiencia para dispoñer dunha diagnose da súa situación e activar un plan de crecemento destinado, por exemplo, a innovación, recursos humanos, dixitalización, márketing, etc. Así pois, considera a iniciativa do Goberno como “unha magnífica oportunidade para seguir avanzando na modernización e na innovación do noso tecido empresarial facendo ás pequenas e medianas empresas máis competitivas”.


Prazo de solicitude

O prazo de solicitude abrirase o próximo 5 de setembro e a convocatoria está aberta a todas as empresas con condición de Peme.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Kit Dixital

Xunto a estas axudas, o delegado emprazou ás pemes e autónomos de Lalín a non deixar pasar a oportunidade que supón o Kit Dixital, un programa que promove a dixitalización dos pequenos negocios e que na provincia de Pontevedra leva mobilizados máis de 21 millóns de euros, con máis de 4.000 beneficiarios. O prazo de solicitude destas axudas está aberto ata fin de ano.


Kalekói

No transcurso da visita ás instalacións do taller de produtos lácteos especializado na elaboración de iogures, kéfir e leite fresco, Pedro Blanco destacou “o exemplo que supón Kalekói, unha pequena empresa familiar que destaca claramente polo seu enfoque innovador e polo seu compromiso coa sustentabilidade, a competitividade e a máxima calidade do produto”, motivos polos que o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación outorgoulle un accésit nos Premios Alimentos de España 2022 na modalidade de Iniciativa Emprendedora.


O delegado quixo aproveitar a ocasión para felicitar a esta empresa por este galardón, así como a Lácteos Anzuxao, tamén de Lalín, que recibiu o Premio Alimentos de España 2023 na categoría de “Mellor Queixo Madurado”. “Estes recoñecementos son un claro exemplo do magnífico nivel da industria alimentaria galega, que é un referente en calidade, pero tamén en compromiso co territorio, co rural, coa seguridade alimentaria, coa investigación e co respecto polo medio ambiente”, subliñou.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Referente no sector lácteo

O delegado lembrou que o sector lácteo é un sector “estratéxico para Galicia” e que Lalín é o municipio galego con maior número de vacas de leite para despois destacar os 67,2 millóns que o Goberno de Pedro Sánchez outorgou en axudas directas aos gandeiros galegos para facer fronte á subida dos prezos da enerxía, dos fertilizantes e dos insumos como consecuencia da guerra en Ucraína. “Só neste municipio, quedaron aproximadamente uns 3 millóns de euros en axudas e uns 7 na comarca”, informou o delegado.


Como mostra da aposta do Goberno polo sector agrario como eixo vertebrador e de pervivencia do mundo rural en Galicia, o delegado subliñou tamén o impulso do Goberno á Lei da Cadea Alimentaria, “que supuxo un antes e un despois na relación entre os produtores e as industrias para garantir uns prezos xustos e, por tanto, unhas rendas dignas no rural”.




0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page