Este dá servizo ás comarcas de Arzúa e Terra de Melide ademais do concello de Vilasantar
Ecos da Comarca/Arzúa
O parque de Bombeiros de Arzúa permanece pechado este venres, 5 de xullo, tal e como informan os propios bombeiros.
Publicidade
Así o anuncian:
Volverá abrir mañá sábado, ás 9:00 horas. Deste xeito, ademais destes profesionais, vense afectados directamente os veciños e veciñas de Arzúa, Boimorto, O Pino, Touro, Melide, Santiso,Toques, Sobrado dos Monxes e Vilasantar, que son os que atenden este parque de bombeiros. Se algo pasa na comarca de Arzúa e Terra de Melide teñen que vir por exemplo, os Bombeiros de Ordes ou de Betanzos, co que o tempo de resposta incrementase en 40 minutos máis do habitual.
Publicidade
Cabe mencionar que os Bombeiros levan tempo en loita para mellorar as súas condicións laborais.
Kommentarer