top of page

Paula Fernandez Pena participa na Comisión de Seguridade Cidadá e Protección Civil da FEMP

O goberno de Silleda afronta as última quenda de reunións veciñais no rural


Laura Moure/Silleda

A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena, participou este mércores nunha nova sesión da Comisión de Seguridade Cidadá e Protección Civil da Federación Española de

Municipios e Provincias (FEMP) da que forma parte desde o pasado mes de marzo. Nesta ocasión a reunión celebrouse na sede da Oficina Nacional de Loita contra os delitos de

odio (ONDOD) do Ministerio do Interior, e nela establecéronse obxectivos para fomentar a colaboración institucional e fixar protocolos de actuación en materia de persoas desaparecidas e delitos de odio.


A alcaldesa que participou na sesión como vogal da mesma dixo que “o odio envenena

sociedades, e lamentablemente o discursos reaccionarios actívano, de feito medraron un 45% nos último datos segundo os datos que nos achegaron desde a ONDOD”.

Entre outros asuntos, tamén se debateu sobre a colaboración da FEMP coa Dirección Xeral

de Protección Civil e a posibilidade de fomentar o voluntariado. Trasladouse que sería importante para os pequenos concellos ter equipos de protección civil, pero que ademais de campañas de fomento de asociacionismo deben existir recursos para abonar os seguros de responsabilidade, a roupa e os gastos xerais do servizo.



Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

Por outra banda, o goberno municipal de Silleda rematará a finais deste mes a rolda de visitas ás parroquias do rural, iniciada o 27 de febreiro. Este xoves estiveron en Piñeiro e para a semana en Martixe-Ansemil, Carboeiro e Margaride. Rellas e Chapa serán as últimas deste ano en ter reunións.


O obxectivo destas xuntanzas é explicar as liñas de acción do goberno e informar á veciñanza sobre diferentes cuestións de interese coma o cambio de luminarias LED ou os servizos municipais (Liña Verde, Silleda Sostible, Silleda Activa …). Estas visitas tamén serven para escoitar suxerencias, peticións e posibles incidencias que solucionar, ademais de resolver dúbidas. “Queremos ter un contacto máis directo coa cidadanía, buscando a súa implicación na acción municipal”, indica a rexedora.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Por outra banda, cabe destacar as actuacións nos accesos a diferentes parroquias (Moalde, Refoxos ou Manduas) e recentemente anunciado o investimento no proxecto de mellora de viais en Saídres, Laro e Breixa. Ao mesmo tempo, o equipo de vías e obras continúa a realizar obras de reparación en distintas vías do rural, dende que a mediados de abril se incorporarán novas persoas como operarias contratadas a través da liña 3 do programa Máis Provincia da Deputación de Pontevedra.



Komentar


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page