Ecos da Comarca/Arzúa
O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza para hoxe, xoves, o cuarto e último concerto da presente edición do Ciclo de música na rúa En Aberto. Este ano o certame ofreceu catro concertos ao aire libre organizados dentro da programación cultural do verán.
Xa celebradas as actuacións de MJ Pérez, Nahlax e Iria Estévez; o grupo Paty Lesta & The Hits pecha hoxe o ciclo a partir das 21:00h cun concerto na Praza de Galiza que terá, como de costume, a entrada de balde. Trátase dun cuarteto formado por Pachi Cruz ao contrabaixo, Marcos Pazo na batería, Cristian Leggiero ao piano e a voz de Paty Lesta.
Publicidade
Cunha longa traxectoria profesional, Paty Lesta & The Hits propoñen un repertorio cheo de versións. Joe Cocker, Michael Jackson, Tina Turner, Luz Casal, Elvis Presley, Miguel Ríos, Queen, The Beatles, MClan, Police ou Fito y Los Fitipaldis, estarán presentes no concerto deste xoves.
Publicidade
O Concelleiro de Cultura, José Luís García, destaca o éxito do ciclo “sendo capaz de encher a praza de público en cada concerto e ofertando diversidade de estilos para todos os públicos”.
留言