Palas de Rei abre a piscina municipal o 1 de xullo
- Laura Moure
- 28 jun 2023
- 1 Min. de lectura
Os interesados deberán sacar un carné familiar e en caso de non telo, pagarán as taxas por día
Laura Moure/Palas de Rei

Os distintos concellos apuran os traballos de mantemento para levar a cabo a apertura das súas piscinas municipais. No caso de Palas de Rei, ao igual doutros Concellos das Comarcas, abrirá a súa este sábado, 1 de xullo. Os interesados deberán realizar un carné para poder desfrutar das súas instalacións.
Este será un carné familiar que se debe retirar nas oficinas municipais, tal e como informa o propio Concello.
Os prezos serán:
6,29 euros para os veciños do municipio.
15,71 euros para os non residentes.
En caso de non telo, terán que pagar unha taxa (0,52 euros os veciños do municipio e 1,05, os non residentes) cada día que vaian á piscina.
Horario de apertura:
-Días laborables: de 12:00 a 20:00 horas.
-Sábados, domingos e festivos: de 16:00 a 20:00 horas.
Commenti