O espazo Lalín Arena acollerá por vez primeira este evento, que dirixirá a coreógrafa Marta Alonso e será conducido pola actriz e presentadora Teté Delgado
Laura Moure/Lalín
A Academia Galega do Audiovisual deu onte a coñecer as candidaturas finalistas dos seus XXIII Premios Mestre Mateo, así como os detalles da cerimonia de entrega que terá lugar no concello de Lalín o vindeiro 15 de marzo e que conta co apoio da Xunta de Galicia para a súa organización como o gran evento anual para a visibilidade e o recoñecemento do sector.
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou onte no Pazo Provincial de Pontevedra no acto de presentación desta gala xunto con Álvaro Pérez Becerra, presidente da Academia, e representantes do resto das institucións e entidades colaboradoras, ademais da actriz Susana Sampedro e o sonidista David Machado, encargados de facer lectura dos proxectos e profesionais finalistas que concorren ás 25 categorías convocadas nos premios.
Segundo se informou, a actual edición dos galardóns bateu o récord de candidaturas inscritas, tanto nos apartados de produción, cun total de 199 obras, como de profesionais, con 536 participantes. A categoría de longametraxes mantivo a cifra do ano pasado, con 10 filmes, en tanto que as de programa de televisión, curtametraxe en imaxe real e curtametraxe de animación superaron a marca de aspirantes de toda a historia dos premios.
Auxe da produción en galego
Máis da metade das producións inscritas teñen a súa versión orixinal en galego, en concreto un 68,6%, o que supón un incremento de máis de tres puntos con respecto aos datos da pasada edición. Neste sentido, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destacou o labor do audiovisual na promoción do noso idioma propio, xa que as cifras achegadas equivalen a constatar que 2 de cada 3 proxectos presentados o fan en galego.
Jacobo Sutil tamén subliñou o papel de incentivo e de posta en valor do sector audiovisual que implican os Mestre Mateo, así como a comprobación da crecente participación feminina en todos os ámbitos da profesión. Fixo referencia, así mesmo, á importancia económica dun sector que cifrou en máis de 440 M€ de facturación e 2500 empregos directos na nosa Comunidade e defendeu a contribución das subvencións ao audiovisual que cada ano convoca a Xunta de Galicia para o avance do sector. Neste punto, avanzou a publicación o vindeiro 14 de febreiro no Diario Oficial de Galicia da nova convocatoria de axudas á produción e coprodución por valor de 3M€.
Publicidade
Descentralización cultural
A Academia Galega do Audiovisual anunciou que a gala deste ano sae por vez primeira do circuíto das grandes cidades galegas para ter lugar na capital da comarca de Deza, no espazo Lalín Arena. A dirección artística correrá a cargo da coreógrafa e bailarina Marta Alonso, con guión de Carlota Mosquera e Manolo Cortés, e estará conducida sobre o escenario pola actriz e presentadora Teté Delgado. Durante o acto, tamén foi presentado o cartel desta 23ª edición dos premios, que se desenvolve baixo o lema O audiovisual en movemento.
En canto aos títulos e profesionais finalistas desta 23ª edición, destacan na listaxe deste ano a serie Rapa e as longametraxes As Neves, Honeymoon e + Cuñados, producidas con subvención da Xunta de Galicia, que suman 40 das candidaturas.
Listado de finalistas por categorías
MELLOR ANUNCIO PUBLICITARIO
ARDE LVCVS MMXIV MBC Servicios Audiovisuales, S.L.
CORTELLO CLUB. CAMPAÑA CONTRA A TRATA Abella Creativa, Ecos do Sur
GALICIA SABE AMAR Idea Creatividad y Comunicación, S.L.
NON PODE SER MÁIS DE AQUÍ RC Celta e Verve Creative Group
MELLOR CURTAMETRAXE
NAI Tito Refoxo, Brais do Rei
PLATÓNICO, PLATÓNICA Rebordelos
PURA Carmen Méndez
VÉXOTE Islandia Producciones
MELLOR CURTAMETRAXE DE ANIMACIÓN
AVETIMOLOGÍA Karral Animatua, Sygnatia, Acción Cultural Española
EU VOU COMIGO Abano Producións
NOITES DE PRATA Soraya Antelo, Rita Cid, David Deibe e Alberto García
SINAPSE Universidade da Coruña
MELLOR DOCUMENTAL
AURORA Gaitalmes, coa participación da TVG
FILMEI PAXAROS VOANDO Sétima, Ringo Media coa participación da TVG
PREFIRO CONDENARME Nós, Produtora Cinematográca, S.L. en coprodución nanceira con compañía RTVG, S.A.
SALVAXE, SALVAXE Xiana do Teixeiro e Animala coa participación da TVG
MELLOR LONGAMETRAXE
+CUÑADOS Portocabo TV, S.L. coa participación da TVG
AS NEVES Cósmica Producións, Aquí y Allí Films coa participación da TVG
HONEYMOON Pulsa Control Z, S.L. e Acca Media, S.L. coa participación da TVG
XUSTIZA ARTIFICIAL Justicia Articial A.I.E., Abano Producións, Tornasol Media, Ukbar Filmes coa participación da TVG
MELLOR PROGRAMA
CINEPHILIA Noveolas Producciones e Telemiño
COS PÉS NA TERRA Filmax (Producións A Fonsagrada, S.L.) para TVG
NOSOUTRAS Undodez para Televisión de Galicia
RECOLLENDO MÚSICAS Undodez para Televisión de Galicia
MELLOR SERIE DE TV
BIBOPALULA Undodez e Televisión de Galicia
CLANES Vaca Net TV, SLU e Netix
EL CIRCO DE LOS MUCHACHOS Vaca Docs, Prime Video
RAPA Movistar+, Portocabo TV, S.L.
MELLOR SERIE WEB
A MOZA QUE ABORTOU E O CONTOU Brava, Eire Cid e Rosalía Quiroga
POSCOITO Héctor Rodríguez
PRINGADAS Brava coa participación da TVG
PULP AIR Henfunk Studio
MELLOR VIDEOCLIP
ALENTEJO (BAIUCA) Blua Producers, S.L., Embruxo Producións Artísticas, S.L., Alan Queipo Bonet (Raso Estudio)
HI, MY LOVE (SABELA) Sabela Ramil
MARIMONDRA (MONDRA E ADELA OTERO) Mondra e Adela Otero
QUERERSE BEN (MONDRA) Elmembrillo
MELLOR COMUNICADOR/A
ESTÍBALIZ VEIGA Din que non falan
JUAN FUENTES Quen anda aí?
PACO LODEIRO Atrápame se podes, chanzo arriba
SIMONE SAIBENE Cinephilia
MELLOR DIRECCIÓN
ENRIQUE OTERO Honeymoon
JORGE COIRA, JAVIER CÁMARA Rapa
LUIS AVILÉS +Cuñados
SONIA MÉNDEZ As Neves
MELLOR DIRECCIÓN DE ARTE
ANDREA POZO +Cuñados
CURRU GARABAL Tratamos demasiado bien a las mujeres
ELIA ROBLES As Neves
INÉS RODRÍGUEZ Rapa
MELLOR DIRECCIÓN DE FOTOGRAFÍA
ALBERTE BRANCO Prero condenarme
JAIME PÉREZ Rapa
LUCÍA C. PAN As Neves
SERGIO FRANCO Honeymoon
MELLOR DIRECCIÓN DE PRODUCIÓN
ANA MÍGUEZ Rapa
JAVI LOPA, ANA MÍGUEZ +Cuñados
MARÍA LIAÑO Clanes
NATI JUNCAL Prero condenarme
NATI JUNCAL, SILVIA FUENTES As Neves
MELLOR GUIÓN
MARGARITA LEDO, EVA VEIGA Prero condenarme
PEPE COIRA, FRAN ARAÚJO Rapa
ROBERTO G. MÉNDEZ, ENRIQUE OTERO Honeymoon
SONIA MÉNDEZ As Neves
MELLOR INTERPRETACIÓN FEMININA DE REPARTO
LUCÍA VEIGA As Neves.
MARÍA PUJALTE Clanes
MARÍA VÁZQUEZ Honeymoon
SHEYLA FARIÑA Rapa
MELLOR INTERPRETACIÓN FEMININA PROTAGONISTA
ANDREA VARELA As Neves
CARMEN MACHI Tratamos demasiado bien a las mujeres
LUCÍA VEIGA Na gloria
MÓNICA LÓPEZ Rapa
MELLOR INTERPRETACIÓN MASCULINA DE REPARTO
ADRIÁN RÍOS Rapa
ANTONIO DURÁN "MORRIS" Honeymoon
DIEGO ANIDO Rapa
MIGUEL DE LIRA Rapa
MELLOR INTERPRETACIÓN MASCULINA PROTAGONISTA
DARÍO LOUREIRO Rapa
FEDERICO PÉREZ +Cuñados
JAVIER CÁMARA Rapa
JAVIER GUTIÉRREZ Honeymoon
MELLOR MAQUILLAXE E PERRUQUERÍA
FANNY BELLO +Cuñados
FANNY BELLO, GEMMA MÁRQUEZ Rapa
SONIA GARCÍA As Neves
SUSANA VEIRA, BEA ANTELO Clanes
MELLOR MONTAXE
ADRIÁN PINO Honeymoon
GASPAR BROULLÓN, LU RODRÍGUEZ, JORGE COIRA Rapa
JULIANA MONTAÑÉS As Neves
LU RODRÍGUEZ +Cuñados
MELLOR MÚSICA ORIXINAL
ANDY BELL As Neves
SANTI JUL, IVÁN LAXE +Cuñados
SERGIO MOURE Clanes
XAVI FONT Rapa
MELLOR REALIZACIÓN
ADOLFO FERNÁNDEZ Recollendo músicas
JAIRO IGLESIAS Nosoutras
MARCOS NINE Historias de aquí
SIMONE SAIBENE Cinephilia
MELLOR SON
CARLOS MOURIÑO Clanes
CARLOS MOURIÑO, DIEGO STAUB, PABLO REGA Honeymoon
DAVID MACHADO, JAVIER PATO, DANIEL FERNÁNDEZ As Neves
JUAN GAY, DIEGO STAUB Rapa
MELLOR VESTIARIO
ALICIA DAPENA Rapa
MAITE TARILONTE Tratamos demasiado bien a las mujeres
MARÍA FANDIÑO Honeymoon
MARÍA PORTO As Neves
Comments