top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Os Reis Magos visitan Antas de Ulla este venres nunha máxica festa para a infancia


Ecos da Comarca/Antas de Ulla

O Concello de Antas de Ulla recibe este venres, 5 de xaneiro, a visita das súas maxestades, os Reis Magos de Oriente, cunha gran festa dirixida á rapazada da vila. A festa celebrarase na Praza Nova entre as 16:00 e as 20:00 horas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

A celebración inclúe unha festa con inchables e animación musical, co DJ David Expósito. Os Reis Magos de Oriente tamén acudirán á festa para saudar á rapazada de Antas de Ulla e recoller as cartas cos seus desexos.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

“Este venres será unha tarde chea de maxia, antes da noite máis especial do ano para os máis pequenos da casa. Animamos a toda a veciñanza a achegarse á festa, desfrutar coas actividades e saudar aos Reis Magos durante a súa visita á vila”, sinala Pilar García Porto, alcaldesa de Antas de Ulla.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page