O programa do Día conta a Violencia de Xénero inclue sesións para escolares, e unha permornance colaborativa, entre outros actos
Ecos da Comarca/Silleda
O Concello de Silleda vén de abrir a programación ca que se conmemorará o Día Internacional contra a Violencia de Xénero cos obradoiros do programa ACTIVA-DAS, en colaboración coa Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (Acadar). Este programa, que se desenvolverá ata o vindeiro venres día 22, está dirixido a mulleres con
discapacidade do municipio, e se estrutura en obradoiros de intervención grupal nos que se aboradarán cuestións como o recoñecemento e fortalecemento das capacidades das persoas participantes, a súa autoestima e autocoidado e reforzarán procesos de apoderamento individuais e colectivos.
Con este programa que busca avanzar cara á igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, comeza a programación do 25-N que ata finais de mes contará con distintas actividades. Así, o vindeiro luns día 25 celebraránse os actos centrais, que comenzarán ao mediodía cunha permormance na que participarán estudantes silledenses. Baixo o lema “As irmás Mirabal”, farase unha homenaxe a estas tres mulleres que foron asasinadas na República Dominicana o 25 de novembro de 1960. As bolboretas na súa memoria encherán a fachada da Casa do Concello, que se iluminará de cor violeta durante a xornada.
Ás 20:00 horas está prevista a lectura do manifesto deste ano e durante a xornada estarán instalados puntos violeta nas vilas de Silleda (de 10:00 a 13:00 horas na praza da Igrexa ) e da Bandeira (de 16:00 a 20:00 horas na praza Juan Salgueiro).
Publicidade
Os actos da programación rematarán con obradoiros e a presenza de puntos violetas fixos nos centros educativos IES Pintor Colmeiro e CPR María Inmaculada nas xornadas do 27 de novembro e 2 de decembro. “A implicación dos centros educativos é tamén clave nesta programación, na que a prevención e sensibilización centran como cada ano as actividades que se desenvolven dende o Concello”, indica Ángela Troitiño, concelleira responsable de Igualdade.
Commentaires