Os obradoiros contra a desinformación do CPXG chegan ao IES de Melide
- Laura Moure
- 30 mar
- 2 Min. de lectura
Esta iniciativa está promovida polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, grazas a un convenio coa área de Dereitos Civís da Deputación da Coruña
Laura Moure/Melide
O IES de Melide recibiu o venres pasado a visita de dous novos obradoiros contra a desinformación postos en marcha polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. A xornalista Sara Garea achegou á rapazada melidense as claves do espallamento das fake newss e ensinoulles ferramentas para aprender a combatela. Estes obradoiros de alfabetización mediática chegan aos centros de ensino medio da Coruña grazas a un convenio asinado coa Deputación da Coruña, a través da área de Dereitos Civís liderada pola deputada Soledad Agra.

Os obradoiros contra a desinformación desenvolvidos polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, grazas a un convenio coa área de Dereitos Civís da Deputación da Coruña, tiveron este venres como público a rapazada de 3º da ESO do IES de Melide, O alumnado do centro recibiu dous talleres, ás 9:30 e 11:45 horas, impartidos por Sara Garea López. Licenciada en Comunicación Audiovisual con posgraduado en Responsabilidade Social e en Protocolo, Comunicación e Imaxe Corporativa; e especializada en comunicación corporativa, Garea conta cunha ampla experiencia de máis de 15 anos en xestión da comunicación interna e externa e na actualidade traballa para Radio Líder Santiago como redactora e locutora.
O aumento da desinformación ou a confusión entre o que é e non é un medio na contorna dixital están a danar profundamente o xornalismo, que se enfronta a unha crise e un descrédito sen precedentes. É por iso que o Colexio de Xornalistas, na súa defensa da profesión, quere combater esta situación trasladando á sociedade galega este programa de formación en alfabetización mediática. A través de xogos, historias e exemplos próximos a eles, os rapaces e rapazas do IES melidense reflexionaron sobre que intereses se atopan detrás da desinformación, descubriron as estratexias de quen difunde mentiras e aprenderon a ser eles mesmos verificadores das novas. O obxectivo é fornecer a toda a sociedade galega de coñecementos contra as mentiras e ferramentas para combatelas.
Publicidade
Obradoiros contra a desinformación
O aumento da desinformación ou a confusión entre o que é e non é un medio na contorna dixital están a danar profundamente o xornalismo, que se enfronta a unha crise e un descrédito sen precedentes. É por iso que o Colexio de Xornalistas, na súa defensa da profesión, quere combater esta situación trasladando á sociedade galega, tanto escolar como adulta, un programa de formación en alfabetización mediática que a forneza de ferramentas contra a desinformación e as mentiras. Con estes obradoiros nos institutos da Coruña iniciase a actividade deste necesario programa, co que se coñecerán as formas e das estratexias da desinformación, así como diversas ferramentas para combatela.
Todos os obradoiros estarán impartido por profesionais colexiados e colexiadas, que recibiron formación específica en alfabetización mediática na xornada organizada polo Colexio de Xornalistas o pasado 14 de decembro. En concreto, as e os xornalistas que descubrirán ao alumnado da Coruña as estratexias de quen propaga noticias falsas e os recursos para contrastar información serán Pedro Costa Manteiga, Sara Garea López, Elena Martín Lores, Cinthia Piñeiro Acevedo, Miguel Rodríguez Fernández e Marga Tojo González.
Comments