top of page
Foto del escritorLaura Moure

Os maiores de Silleda reúnense por Nadal!

A Xuntanza de Nadal congregou a máis de 150 persoas


Laura Moure/Silleda

O Centro de Maiores de Silleda celebrou onte a súa tradicional Xuntanza de Nadal no Restaurante Coteliño. Congregou a máis de 150 maiores do municipio e contou cunha

programación especial que incluíu animación musical, sorteos e donacións de establecementos e entidades locais. A festa contará coa actuación de Carlos Manteiga, que amenizará a xornada e, como é tradición, realizarase un sorteo entre tódolos asistentes.

Este ano, a Xuntanza de Nadal dos Maiores recibe una serie de doazóns por parte dos seguintes establecementos e organizacións do municipio:

● Ferretería Valiño

● Ferretería Bandeira

● Supermercado Eroski

● Restaurante Coteliño

● Concello de Silleda

● Cafetería do Centro Social de Maiores de Silleda.


"A colaboración destas entidades reflicte o espírito de comunidade e apoio aos

nosos maiores, facendo posible que a Xuntanza de Nadal sexa un evento a

lembrar durante todo o ano. Lembramos tamén que o vindeiro venres 27 de decembro terá lugar o Ensaio de Fin de Ano a partir das 20:00h no Centro Social dos Maiores de Silleda. Dita cita estará amenizada por Suso de Melide e as inscricións continúan abertas no Centro Social dos Maiores ou no Concello ata o 22 de decembro".


Por outra banda, o Concello de Silleda inicia a su programación de Obradoiros de Nadal, deseñados para ofrecer una experiencia experiencia creativa e festiva durante este mes de decembro. As actividades comezaron este mércores cun obradoiro de decoración de Nadal, dirixido por Isa López de Floristería Carmiña. Neste evento, 18 participantes crearon

uns centros de mesa que adornarán as comidas familiares máis especiais destas festas.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Os seguintes obradoiros que se desenvolverán neste mes de decembro:

  • Venres 13 de diciembre: II Obradoiro de Decoración de Nadal ás 16:30

horas, tamén a cargo de Isa López ( Inscripcións pechadas).

  • Luns 16 de decembro: Obradoiro de Repostería, dirixido por Pili Acevedo ás 18:00 horas. Os asistentes poderán aprender a elaborar doces de Nadal para disfrutar en familia. As inscricións remataron onte.


A programación de Nadal continúa con máis actividades que buscan fomentar a participación, a creatividade y o espíritu entre a veciñanza do municipio.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page