top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Os efectos da chuvia e do vento deixan diversas incidencias na comunidade

Ecos da Comarca/Xeral

A chuvia e o vento deixan sentir os seus efectos especialmente nas provincias da Coruña e de Pontevedra. Cómpre sinalar que na da Coruña permanecen activas alertas amarelas e laranxas por meteoroloxía adversa, tanto no mar como en terra.

Evacuada unha familia do seu domicilio na Pobra do Caramiñal debido ao desbordamento do río Lérez. Autor: Consorcio Contra Incendios e de Salvamento A Coruña.

Entre as 00 e as 9 horas, o 112 Galicia leva rexistradas un total de 65 incidencias. A provincia máis afectada é a da Coruña (47), seguida de Pontevedra (17) e Lugo (1). En canto aos concellos, destacan Santiago (10), e Brión, Oleiros, Ames e Vigo, con 3 cada un.

Ata o momento, as incidencias máis repetidas teñen que ver coa presenza de pólas ou árbores nas vías de comunicación (27) e coa chuvia, que está a provocar problemas en vivendas (catro anegamentos rexistrados ata o momento) e estradas (17 obxectos ou restos de accidentes e dous anegamentos).


Incidencias destacadas

Neste último apartado, o 112 destaca o anegamento dun colexio situado na rúa de Blanco Nájera, en Santiago de Compostela. A parte de abaixo do centro quedou asolagado e os nenos están retornando aos seus domicilios. O aviso chegou ás 7:50 horas a través dun particular, e no operativo participaron os Bombeiros e a Policía Local de Santiago.


O GES de Brión explicou que na súa zona estaban actuando nunha vintena de vivendas anegadas. Pouco antes das 8 horas un particular daba conta de dous ríos desbordados neste mesmo concello.

Tamén en Santiago rexistráronse varios avisos por anegamentos en estradas. Na vía Edison, en San Caetano, diversos particulares explicaron sobre as 7:45 horas que estaban enriba dos seus vehículos porque a altura da auga era considerable, o que obrigou a intervir aos bombeiros municipais.


Por outra banda, en Lousame, unha muller tivo que ser rescatada do seu vehículo polo GES de Boiro: un río desbordado provocou que o coche fora arrastrado pola corrente ao longo dunha pista forestal do lugar de Cernande, en Tállara. A implicada atópase en bo estado.


En Vigo, un particular alertaba dez minutos antes das 9 horas de que se atopaba atrapado pola auga dentro do seu portal, na rúa do Areal. Era incapaz de saír ao exterior pola forza da corrente, que estaba empezando a anegar o interior do edificio. Desde o 112 Galicia alertouse aos Bombeiros de Vigo, que interveñen.


En canto a accidentes de tráfico, un coche colidiu contra unha árbore que se atopaba na estrada na AG-55 ao seu paso por Gándara (Zas), e acabou dando varias voltas de campá. Ocorreu minutos antes das 8 horas e este operativo participan Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e a Garda Civil de Tráfico, así coma os servizos de mantemento da estrada.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

En canto aos concellos máis afectados, neste momento Santiago é o que conta con máis avisos activos, sobre todo por anegamentos en estradas, baixos e vivendas. Outros avisos por vías asolagadas chegan desde os concellos de Ribeira, Carballo, Moaña, Vigo ou Noia.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page