top of page

Os Concellos de Melide, Arzúa, Toques, Agolada e Santiso únense contra Altri

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Os rexedores destes cinco municipios reúnense para comezar a traballar nun calendario de accións de resposta común



Ecos da Comarca/Xeral

Os alcaldes dos concellos de Melide, Arzúa, Toques, Agolada e Santiso mantiveron hoxe unha xuntanza que serviu como unha primeira toma de contacto á hora de artellar unha posición común e un calendario de accións ante o proxecto de instalación dunha pasteira de Altri en Palas de Rei, que vén de recibir a luz verde da Xunta de Galicia cunha declaración de impacto ambiental favorable. José Manuel Pérez (Melide), Xoán Xesús Carril (Arzúa), Luís Calvo (Agolada), José Ángel Penas (Toques) e Manuel Adán (Santiso) compartiron no transcurso desta reunión a preocupación existente en cadanseu municipio arredor do impacto que sobre o medio ambiente, o benestar xeral da veciñanza e a economía local ao longo da conca do río Ulla terá a instalación desta macrocelulosa.

A xuntanza de hoxe tivo un carácter preliminar e de posta en común para deseñar unha estratexia conxunta en defensa dos municipios afectados pola fábrica. Os Concellos levarán a cabo accións de forma coordinada con este fin, adaptados á realidade e o grao de materialización do proxecto en cada momento.


Neste sentido, os municipios afectados recordan que a DIA positiva da Xunta de Galicia non significa a definitiva implantación da macrocelulosa á beira do río Ulla. O proxecto aínda debe superar unha avaliación DNHS (Do No Significant Harm ou "non causar un prexuízo significativo"). Trátase dun criterio fundamental dentro das políticas ambientais da Unión Europea para garantir que ningunha actividade financiada con fondos europeos cause un impacto negativo significativo. Sen esta avaliación, a fábrica non debería poder acceder a fondos europeos.


Os alcaldes de Melide, Arzúa, Toques, Agolada e Santiso comprométense neste sentido a explorar todas as vías e conminar a todos os niveis administrativos a cumprir coas obrigas medioambientais en defensa da saúde da veciñanza e do medio.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Do mesmo modo, os rexedores lamentan "a escasa transparencia que sobre Altri practica a Xunta de Galicia, en especial coas administracións locais dos territorios afectados. Por parte do Goberno galego téñense desatendido as peticións de información e a posibilidade de manter xuntanzas para coñecer de primeira man as características do proxecto e trasladar as inquedanzas da veciñanza perante as institucións autonómicas".




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page