top of page
Foto del escritorLaura Moure

Os carballeses Apart gañan o concurso ‘Queixo Maquetón’ de Arzúa

O grupo levará como premio 1.300 euros e actuará no Festival do Queixo o sábado 4 de marzo dentro da 48ª edición da Festa do Queixo


Laura Moure/Arzúa

O quinteto de Carballo Apart convértese no gañador da 14ª edición do concurso Queixo Maquetón de Arzúa, que está dirixido aos grupos noveis, relevando así no posto aos santiagueses Señor Salvaje. Defínense como unha banda de rock influenciada polos sons máis 70s e incorporan sutís detalles de soul e disco nas súas cancións. Cunha visión actual, modernizan un estilo baseado en riffs de guitarra e melodías vocais, facendo vibrar ao público desde os primeiros minutos.

O grupo levará como premio 1.300 euros e actuará no Festival do Queixo que terá lugar o 4 de marzo, dentro da 48ª edición da Festa do Queixo de Arzúa.


A súa traxectoria

Apart nace en 2014 cando Inés Blanco regresa duns anos en Berlín, coñece ao resto da banda e xuntos deciden iniciar un proxecto musical que perdurará ata a actualidade.

We Want It All é o título do último traballo da banda. O álbum trata de poñer en valor todo aquilo que nos une, mesmo cando as circunstancias nos manteñen separados. Todos os temas deste proxecto lanzáronse como singles e están acompañados de videoclips orixinais. As sesións comezaron en 2020 nos estudos Nakra da Coruña. Os temas foron masterizados por Robin Schmidt, quen traballou con bandas como The Black Keys e Mumford & Sons.


O seu primeiro escenario foi o festival carballés Rockin’ 2014. Un ano despois, en 2015 proclamáronse gañadores do festival “Dando a Lata”. Para a presentación de We Want It All a banda volveu aos directos no verán de 2021, xunto a M-Clan dentro do ciclo Orballo Cultural. Durante o inverno levaron o seu novo traballo por diferentes salas de Galicia, con moi boa acollida en todas elas. Entre as citas estivais de 2022 destacan o Caudal Fest, Feito A Man ou Rueiros da Vila.


Xurado 2023

O xurado desta edición estivo composto por José Ramón Bernárdez, de Radio

Arzúa, Alberto Alfonso, director do festival do queixo e Nonito Pereira, investigador e divulgador musical determinou despois de escoitar a todos os grupos e escoller os finalistas, que Apart fora finalmente a banda gañadora desta edición.


Podedes escoitar a APART en:


Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Bandas finalistas

Tras o grupo carballés, quedaron finalistas as bandas Another Wasted Year, desde

A Coruña, Bow desde Huelva, Helen And Shanna, desde Vigo e The Broke Band,

desde Moaña.



0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page