top of page

Os bombeiros de Silleda retiran un niño de velutinas dunha cornixa dun edificio en Agolada

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Estaba situado na rúa Constitución que se cortou ao tráfico durante a intervención


Ecos da Comarca/Agolada

Os bombeiros do parque intercomarcal de Silleda acudiron esta mañá, sobre ás 11:00 horas, a retirar un niño de velutinas no casco urbano de Agolada.


Este estaba nunha cornixa dun edificio da rúa Constitución e durante as tarefas de retirada procedeuse a cortar a calle. De feito, non é a primeira vez que teñen que acudir a retirar un a este inmoble.


O Concello agradece a rápida e eficaz intervención dos bombeiros.


Os bombeiros retirando o niño en Agolada.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page