Ecos da Comarca/Monterroso
Onte, luns, pola tarde orixinouse un incendio nun alpendre do municipio de Monterroso. O 112 Galicia foi alertado ás17:28 horas. Tratouse dun lume nun inmoble situado no lugar de Tarrío de Buxergos, na parroquia de Tarrío.

Tal e como informa o GES de Monterroso, que traballou nas tarefas de extinción, só se saldou "con danos no tellado, sen que se propagara por estar separado doutras edificacións".
Publicidade
"A causa foi que estaban queimando restos de poda e madeiras nun forno que leva tempo sen actividade e as lapas alcanzaron o cobertizo de vigas de madeira, por non ter chimenea, ao exterior e prenderon nel", indica o GES que engade que "non tivemos que lamentar danos persoais, pero si materiais".
Foi sobre as 17:30 horas cando foron mobilizaron polo 112 e foron tres oficiais do GES Monterroso con dous camións a sofocalo.
Comments