Nas residencias as visitas serán sen límites, pero con cita previa, e todos estes cambios entrarán en vigor a partir deste venres
Laura Moure
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, acaba de anunciar cambios nas restricións motivadas pola Covid-19 e que se adoptan pola boa evolución do comportamento da pandemia en Galicia.
O toque de queda pasa a ser ás 23:00 horas.
Os bares e cafeterías manterán o horario de apertura ata as 21:00 horas e os restaurantes poderán abrir ata as 23:00 horas (terá que ser con reserva previa, deberán manter rexistro de clientes e contar con medidores de CO2 do aire).
Nas residencias da terceira idade: Sen límites de visitas, polo que poderán visitarlos calquera familiar, pero sempre con cita previa. E os maiores poderán saír á rúa tres veces por semana cunha duración de catro horas cada vez.
Galicia seguirá pechada perimetralmente.
En canto as restrincións por concellos quedarán así:
O Comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia acordou manter o nivel máximo de restricións para os municipios de Carballeda de Valdeorras, A Pobra do Caramiñal e O Grove.
Ademais, a asamblea de expertos determinou o establecemento do nivel alto de limitacións en dez concellos: Monterrei, Cortegada, Padrenda, O Barco de Valdeorras, Rubiá, Barreiros, Carral, Boimorto, Boiro e A Illa de Arousa.
Así mesmo, quedarán no nivel medio os municipios de O Irixo, Trabada, Meira, A Pobra do Brollón, Muxía, Cambre, Ortigueira, Ribeira, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Soutomaior, Vilanova de Arousa, As Neves, Gondomar, Vilaboa, Marín e Meaño.
No resto dos concellos galegos estarán vixentes as restrincións fixadas no nivel medio baixo.
Todas estas medidas entrarán en vigor a partir deste venres.
Comments