top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O PSOE lamenta que "o comercio de Lalín quede un ano máis sen a campaña de bonos ante o abandono do PP"

Ecos da Comarca/Lalín

O concelleiro socialista, Anxo Álvarez, lamenta que ás portas do Nadal non se coñeza ningún avance sobre a iniciativa do Bono Comercio aprobada hai 11 meses pola unanimidade do Pleno a proposta do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Lalín. Así, todo apunta "a que o comercio local quedará un ano máis sen esta campaña, que está demostrando magníficos resultados noutras cidades e vilas e que incluso a Xunta de Galicia pon en marcha presumindo do seu beneficio para o tecido comercial". 

“Non sabemos cal é o motivo polo que o Partido Popular de Lalín é tan reticente a implantar unha campaña que goza de excelente acollida tanto entre o comercio como entre os cidadáns e que non ten ningunha complexidade á hora de pórse en marcha, como fixeron moitos concellos en menos de tres meses durante a pandemia”. “Nós mantemos a man tendida para traballar xunto co goberno local nesta proposta, pero non podemos facer nada ante a falla de vontade política por parte do PP para axudar ao noso comercio de proximidade”, indicou Álvarez.

 

O concelleiro insistiu en que a medida, contemplada no programaelectoral de Alba Forno, foi aprobada no Pleno “e polo tanto é o resultado da vontade da cidadanía que debería ser escrupulosamente respectada polo PP, pois os nosos veciños e veciñas aplauden estes acordos e rexeitan a actitude de bronca e confrontación que teñen sempre Crespo e o PP no máximo órgano de representación dos lalinenses”. 

 

Anxo Álvarez exemplificou a pouca seriedade coa que o goberno local toma esta iniciativa, lembrando que no Pleno de setembro se preguntou pola situación na que se atopaba o bono comercio, recibindo como contestación que esta “era unha das ferramentas de promoción do noso comercio das moitas que pon en marcha o Concello de Lalín, algunhas tan exitosas como as Aldeas de Nadal”. “Imaxinamos que esta resposta foi elaborada automaticamente por algunha plataforma de intelixencia artificial, porque non ten ningún tipo de coherencia, xa que como é sabido o bono de comercio nunca se activou”. “Pedímoslle un mínimo de seriedade ao PP á hora de tratar un sector fundamental como é o comercio”, engadiu. 

 

Publicidade

O campaña de bonos impulsada polo PSOE e aprobada no Pleno contemplaba a activación no ano 2024 dun “Bono Comercio” dotado dunha partida orzamentaria suficiente e nunca menor aos 40.000 euros,coa que fomentar as compras no comercio de proximidade e favorecer así a dinamización económica e social do concello de Lalín.

 

O sistema proposto sería similar ao impulsado noutros municipios congran éxito e pasaría por bonos cun importe cun custe do 50% para os usuarios, a gastar en establecementos adheridos á campaña.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page