top of page

O PSOE e o BNG de Lalín celebran os descontos na peaxe da AP-53

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

O PSOE sinala que “é un día histórico para Lalín grazas ao compromiso do Goberno de Sánchez” e o BNG indica que "estas rebaixas foron un logro da organización nacionalista no marco da negociación para a investidura"


Ecos da Comarca/Deza

O PSOE e o BNG de Lalín celebran os descontos na peaxe AP-53 que afecta aos dezás. O PSOE sinala que “é un día histórico para Lalín grazas ao compromiso do Goberno de Pedro Sánchez” e o BNG indica que "estas rebaixas foron un logro da organización nacionalista no marco da negociación para a investidura".


A secretaria xeral do PSOE de Lalín, Alba Forno, celebrou os descontos na peaxe da AP-53 por parte do Goberno de España, sinalando que “é un día histórico para o noso concello e para toda a comarca grazas a que o presidente se chama Pedro Sánchez e non Feijóo. "Por fin quitamos unha lousa que o PP nos impuxo coa construción e privatización desta autoestrada facéndonos pagar aos lalinenses ata Dozón. Este é un paso fundamental para Lalín, para milleiros de familias e para as nosas empresas, que aforrarán cartos e serán máis competitivas", afirmou, destacando que “este avance supón un alivio económico para a veciñanza e un impulso para a economía local, que seguramente será moi ben valorado polos colectivos empresariais de Lalín, que tantas veces reclamaron esta medida”.

Alba Forno subliñou que sempre defendemos que "a AP-53 non podía seguir sendo unha das máis caras de España e hoxe demóstrase que con vontade política é posible rebaixala”, incidiu. A líder socialista tamén se referiu ao alcalde de Lalín, José Crespo,

lembrando que “foi un colaborador necesario na condena de Lalín a pagar durante décadas unha das autoestradas máis caras do Estado”. Explicou que “a súa aportación foi poñer pancartas e utilizar a autopista como elemento de confrontación electoral candogoberna o PSOE en Madrid e gardar silencio sen mover un dedo cando gobernou o PP”,recordando, que mentres foi senador no goberno de Rajoy non fixo ningunha reclamación.


Forno sinala tamén que Crespo pedía rebaixas “e agora que por fin chegan da man dun goberno socialista cambia o discurso e pide gratuidade, algo que antes vía imposible".

Forno deixou claro que "a gratuidade tamén chegará da man dos socialistas, igual que

estas rebaixas". Os socialistas de Lalín anunciaron que lanzarán unha campaña informativa para que a veciñanza coñeza os novos descontos e poida beneficiarse deles. "Queremos que todo o mundo saiba que o Goberno de Pedro Sánchez está cumprindo con Lalín e que estas rebaixas son só o principio. Seguiremos traballando para conseguir a gratuidade da AP-53 e poñer fin á discriminación que o PP impuxo á nosa terra", concluíu.


Pola súa banda, o BNG recorda que "os acordos entre dúas organizacións políticas están para cumprirse e aínda que con moito retraso", parabenizase de que finalmente a rebaixa das peaxes na AP 53 fora á aprobación no consello de ministros e ministras de onte e agarda que a súa implantación sexa o máis breve posible e non tarden tanto como a súa aprobación. 


O BNG lembra que estas rebaixas foron un logro da organización nacionalista no marco da negociación para a investidura e que teñen un impacto fundamental para milleiros de galegos e galegas do interior de Galiza, tamén da comarca do Deza, que utilizan esta infraestrutura no seu día a día. 


A formación nacionalista quere agradecer "o intenso traballo e a persistencia do deputado Néstor Rego e da senadora Carme da Silva, que, casualidades da vida ou non, onte mesmo ían formular unha pregunta ao ministro de Fomento, no senado sobre este asunto, para lembrarlle que remataba o prazo comprometido para aprobar as  rebaixas que redundarán en beneficio dos e das usuarias da mesma".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

"Xa temos dito máis dunha vez que os éxito teñen moitos pais e os fracasos son orfos. E tamén que hai dous tipos de oportunismo político. Un, aquel que cando se presenta a oportunidade traballa en beneficio da xente que nos dá o voto e outro, que cando outros o conseguen, cólganse medallas. Neste caso concreto, se  desfrutaremos da rebaixa das peaxes é por obra e graza da necesidade do voto do BNG para investir un presidente do goberno estatal. Se esa oportunidade non se presentara, hoxe nin teriamos rebaixa de peaxes na AP 9 nin na AP 53".


O BNG considera que esta é outra maneira máis de demostrar "que cando o BNG está nas institucións e é decisivo sempre traballa a favor das maiorías sociais deste país. Outros sempre estiveron, con ou sen maiorías absolutas, e nunca puxeron os intereses do noso país enriba da mesa para beneficio da xente".



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page