top of page

O PSOE denuncia "a pésima xestión económica do goberno de Crespo, coa débeda disparada aos 10 millóns"

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Sinala que "Lalín representa ao peche de 2023 un terzo de toda a débeda provincial"


Ecos da Comarca/Lalín

A secretaria xeral do PSOE de Lalín, Alba Forno, denunciou onte "a nefasta xestión económica do goberno de José Crespo, despois de coñecerse os ndatos publicados recentemente polo Ministerio de Facenda sobre a débeda viva das entidades locais. Os informes revelan que Lalín pechou o ano 2023 cunha débeda case 10 millóns de euros, situándose á cabeza da provincia de Pontevedra e representando un terzo da débeda provincial, moi por diante doutros concellos da mesma dimensión".

A socialista destaca que o anterior goberno de coalición "deixara as contas municipais a débeda cero, unha situación que cambiou drasticamente coa volta do PP ao poder,

demostrando a incapacidade deste partido para xestionar os recursos públicos de maneira

eficiente. Cada lalinense debía en 2023 500 euros pola pésima administración dos recursos municipais e pola tan típica política do despilfarro de Crespo”, sinalou Forno.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O PSOE de Lalín tamén denuncia que "mentres o Concello se volve endebedar ata cifras

históricas, os veciños sofren un aumento de impostos que supera o 25%, situando o IBI

en Lalín case ao nivel do que se paga na rúa Castellana de Madrid”, ironiza. “Mentres en

Madrid Feijóo pide conter a débeda, aquí afogan economicamente o Concello e asfixian

aos cidadáns con subas impositivas desproporcionadas”, sinala Forno, para quen esta

situación demostra que a “suposta boa xestión económica do PP é unha completa falacia”.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page