top of page

O PSOE de Lalín cualifica "como absurdo" o informe da Xunta, que propón a fusión de Lalín con Dozón e Rodeiro

Ecos da Comarca/Lalín

Os socialistas de Lalín cualifican "como absurda a proposta do novo informe da Xunta sobre a fusión de Concellos, que propón a fusión de Lalín con Dozón e Rodeiro, ou a aínda máis grotesca e descabelada idea de facer un concello que aglutine todo o Deza”.

Sinalan que “semella unha ocorrencia para sacar a Crespo do atolladeiro ante a crise demográfica que vive Lalín, que sobrevive por enriba dos 20.000 habitantes só grazas á chegada e empadroamento de estranxeiros”. Así, sinalan que “unha cousa son as urxencias de Crespo e outras as necesidades reais da veciñanza”, ao tempo que fan fincapé en que os problemas demográficos non se solucionan con propostas de fusión “ao tun-tun”, senón con servizos e políticas atractivas para fixar poboación”. 


Publicidade

O PSOE local pregúntase tamén se a veciñanza de Dozón ou Rodeiro estará disposta a pagar os elevadísimos impostos que se pagan en Lalín e entenden que o que formula a Xunta con estes dous concellos “non é unha fusión, senón unha absorción”. Os socialistas entenden tamén que se o Concello xa non dá chegado agora a 50 parroquias, máis dificultades vai ter para chegar a 100 e propoñen que “como primeiro paso antes de lanzar ocorrencias e falar de fusións de tamaño provincial, se debe apostar por usar mancomunidades eficientes, unir servizos entre concellos, unificar trámites, etc”.


“Lamentan, non obstante, que a Mancomunidade de Deza, xestionada historicamente de maneira pésima polo PP, se convertese nunha pequena brigada de obras”. Saúdos.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page