Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O PSdeG-PSOE durante o seu mítin central na praza do Concello de Vila de Cruces, anuncia que poñerá en marcha un viveiro de empresas no actual edificio do "Centro de Interpretación do Galo", localizado no Polígono de Aguillós, na parroquia de Cumeiro.
O grupo do PSdeG-PSOE considera que ademais do sector primario, é necesario poñer en marcha iniciativas destinadas a atraer empresas de todos los sectores produtivos e evitar a excesiva dependencia dun único sector. Con ese obxectivo, o goberno local liderado por María Manteiga, buscará ao largo da próxima lexislatura poñer en marcha un viveiro de empresas similar aos existentes en Lalín e Barro.
"Os viveiros de empresas son unha estrutura ideal para favorecer a creación ou o crecemento de pemes de recente creación, tan necesarias para manter a actividade e o emprego no noso concello. Por outra banda, crearemos un grupo de traballo específico, en colaboración coas empresa locais, co obxectivo de atraer talento e facer de Vila de Cruces un Concello atractivo para perfís profesionais altamente cualificados".
O equipo de goberno liderado por María Manteiga buscará así atraer novos tipos de actividades económicas que poidan, "por exemplo, traballar de forma remota (coma por exemplo os denominados "Nómadas Dixitais")". De forma paralela, e para poder cumprir con ese obxectivo, sinalou que "buscaremos desenvolver todas las accións necesarias para un completo desenvolvemento da fibra en tódalas parroquias, así como de garantir unha máxima cobertura de telefonía móbil a tódalas zonas do noso Concello".
Comments