Ecos da Comarca/Deza
O Concello de Silleda vén de recibir dúas novas doazóns de alimentos que irán destinadas ao programa municipal Silleda ñ Solidaria. Unha destas accións altruistas foi por parte dos pais e nais dos rapaces e rapazas da categoría Infantil da SD Bandeira, que entregaron á concelleira de Benestar, Ángela Troitiño, os produtos non perecedoiros que quixeron doar.
A outra doazón de alimentos fixérona as persoas que acudiron á exposición fotográfica “BERCES DE VIDA. De paseo polos bosques de España” da Afundación de ABANCA, que estivo dende o 8 de febreiro ata o 5 de marzo no Centro Cultural Vista Alegre de Bandeira.
Publicidade
Dende o Concello agradécese este tipo de iniciativas solidarias que buscan axudar ás familias con menos recursos.
コメント