As inscricións poden formalizarse dende hoxe e ata o vindeiro día 14 nas dependencias do Concello ou chamando ao 986 592 037
LauraMoure/Silleda
O programa Silleda Activa, posto en marcha dende o departamento municipal de Benestar Social para as persoas maioresde 65 anos ou pensionistas, volta a partir do vindeiro mes de setembro.Así ofértanse un total de 6 actividades, tanto para o fortalecemento físico comopara manter a mente activa, co obxectivo de fomentar un estilo de vida máissaudable e activo.
Publicidade
Ademais de ximnasia de mantemento, con sesións que se celebrarán os martese xoves de 10:15 a 11:00 horas no Centro Social de Silleda (20 euros ao mes); e Musicoterapia Xerontolóxica (22 euros mensuais), con sesións os luns e mércores en Silleda e os martes e xoves na Bandeira; tamén se oferta Pilates os venres en Silleda ás 10:15 (20 euros ao mes). Así mesmo, tamén figuran como novidades ioga en silla (actividade física multicompoñente) , os venres en Silleda as 11:30 (12 euros/mes), obradoiros de risoterapia, os xoves en Silleda (22 euros), e tamén un obradoiro de memoria e estimulación cognitiva, os martes no centro social de Silleda, sen custe para as persoas participantes.
Publicidade
Todas as persoas que queiran participar deben inscribirse no Concello ata o vindeiro día 14, ou ben chamar ao 986 592 037.
Contémplase que todas estas actividades empecen a partir do 2 de setembro, sempre e cando se cubran as aprazas mínimas en cada unha.
O alcalde, Eloy Pérez, e os dous concelleiros do equipo de Gobernoachegáronse ata a zona para comprobar o estado dos traballos.
Comments