top of page

O programa 'Camiños de coñecemento e experiencia' volve a Melide no mes de maio

Está dirixido ás persoas maiores de 50 anos e é necesario anotarse


Laura Moure/Melide

O programa da USC Camiños de coñecemento e experiencia regresa en maio ao concello do Melide para ofrecerlles formación universitaria ás persoas maiores de 50 anos. Esta iniciativa inclúe seis sesións. A matrícula é gratuíta, pero é necesario anotarse previamente.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Esta edición terá lugar en Melide os días 12, 13, 14, 15, 20 e 23 de maio en horario de 16:30 a 18:00 horas no Multiusos de Melide. Serán espazos de encontro e formación sobre as especies arbóreas na terra, a orixe do culto xacobeo e a alfabetización audiovisual e expresión fílmica.

Os interesados deben anotarse no Consistorio de Melide de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas ou a través do seguinte formulario https://forms.office.com/e/YBaW6vSht9



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page