top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O PP de Arzúa, Melide e Santiso reclámanlle aos alcaldes do BNG que "deixen de malgastar tempo recursos contra ALTRI e a mina de Touro"

Ecos da Comarca/Xeral

O PP comarcal de Arzúa, Melide e Santiso reclama que os alcaldes nacionalistas "deixen de malgastar o tempo e os recursos de todos os veciños en política baleira en contra de proxectos como o de ALTRI ou a Mina de Touro".

Os portavoces de Arzúa, Melide e Santiso Rafael Rivadulla, Dalia García e Víctor Pereiro, respectivamente, demandan a cada seu rexedor unha “política seria e acorde coa legalidade vixente toda vez que os tres alcaldes desenvolven labores de xestión pública municipal e son sabedores de que calquera proxecto, dende unha licencia para un pechado ata unha licencia para a instalación dunha nave gandeira sexa do tipo que sexa é avaliado por técnicos e non é algo discrecional deixado da man de criterios políticos; confundir á cidadanía con mensaxes baleiros para desviar a atención do verdadeiramente importante non é o que se agarda de alcaldes que deben defender o ben común con recursos de todos” sinalan dende o PP comarcal.


“Xogar a ocupar titulares de prensa defendendo non avaliar un proxecto de acordo con criterios técnicos ten un nome que é prevaricación, algo penalmente punible”, recórdanlle os tres portavoces municipais dos concellos afectados aos alcaldes Xoán Xesús Carril, José Manuel Pérez e Manolo Adán. Instar a que o goberno galego a prevaricar é desoír o ordenamento xurídico ao que todos os cidadáns e autoridades estamos sometidos, incluídos eles como responsables máximos municipais".

Por outra banda, enganden que "non deixa de ser ilustrativo que os tres alcaldes esixan celeridade para un informe de impacto ambiental que está perfectamente pautado na lei tratándose, ademais, dun proxecto estratéxico, cando en Concellos como Arzúa ou Melide hai que agardar ata dous anos en moitos casos por unha sinxela licenza municipal".


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

"É alarmante", subliñan, "que se poña tanto énfase en frear proxectos tan importantes para os Concellos cando observamos na comarca unha evidente necesidade de movemento económico, sen ir máis aló, un comercio de proximidade que non atravesa o seu mellor momento ou unha política de incentivos económicos nula onde se pechou o Viveiro de Empresas en Melide e un concello como o de Arzúa perdendo continuamente poboación. Pedimos responsabilidade aos alcaldes da comarca á hora de facer manifestacións que poden comprometer o futuro da comarca, proxecto, recordamos, sobre o cal o BNG posiciounouse tamén favorablemente no Parlamento de Galicia antes das pasadas eleccións autonómicas de febreiro do ano 24".


NOTICIA RELACIONADA:

0 comentarios

ความคิดเห็น


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page