top of page

O BNG de Agolada pídelle ao goberno local que solicite unha axuda da Xunta para a Casa da Cultura

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

"Toda a Casa da Cultura de Agolada, incluída a biblioteca, precisa unha mellora das condicións de habitabilidade e de adquisición de mobiliario", sinala


Ecos da Comarca/Agolada

O BNG de Agolada levará ao vindeiro pleno unha moción a través da cal solicítalle ao goberno local que pida unha axuda publicada pola Xunta para o arranxo da Casa da Cultura, que incluso facilite a reapertura da Bibilioteca Municipal.

FOTO
A Casa da Cultura de Agolada. Autor: Ecos da Comarca.

"O 10 de marzo, publicouse no DOG A ORDE do 24 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades locais de Galicia, para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais. Nesta orde establecese que prioritariamente estas axudas están enfocadas ao desenvolvemento cultural nas zonas menos poboadas da comunidade autónoma, requisito que o noso concello cumpre sobradamente. Nesta orde indica que se entenderá por investimentos “acondicionamento ou mellora da habitabilidade dos espazos, a adquisición do mobiliario e o equipamento técnico necesario para o uso programado e a redistribución de instalacións existentes”", indica o BNG.


Dende o punto de vista do partido nacionalista, "toda a Casa da Cultura de Agolada, incluída a biblioteca, precisa unha mellora das condicións de habitabilidade, adquisición de mobiliario e redistribución das instalacións existentes para adecualo para futuras actividades culturais que son precisas no noso concello para activar a vida social e cultural do noso concello".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Por eso mesmo o grupo municipal do BNG na Agolada ven de presentar unha moción o

próximo pleno ordinario para que que o goberno municipal se acolla ás axudas publicadas no DOG do 10 de marzo co fin de mellorar as condicións de habitabilidade e adquisición de mobiliario para a Casa da Cultura e poñela en condicións para ofertar programación cultural participativa neste concello.


Indica que o prazo para solicitar estas axudas é de un mes a partir do 10 de marzo, "e aínda non temos data para o próximo pleno. Esperemos chegar a tempo. En Agolada temos unha biblioteca municipal que leva varios anos pechada, con poucos fondos

para a lectura e ningunha actividade que faga achegarse á poboación á mesma. Proba deste peche é o cheiro característico que desprenden os locais pechados. Debería de empezarse a facer algún tipo de programación de actividades tales como talleres de pintura, de ilustración infantil e junior, club de lectura para maiores ou un club de lectura para primeiros lectores, charlas informativas de interese para a poboación. Contacontos,

premios literarios para escolares, en definitiva, activar a vida social e cultural de Agolada".


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ademais, sinala que a Casa de Cultura tamén é empregada por otras Asociacións Culturais para o desenrolo das súas actividades "polo que é imprescindible manter as instalación nunhas condicións óptimas para que podan seguir levando a cabo a súa labor.

Para que isto sexa posible é preciso, aparte da vontade do goberno municipal para

desenvolver este tipo de actividades, ter unhas instalacións apropiadas, este é o motivo polo que solicitamos ao Sr Alcalde que solicite esta axuda para invertir na Casa da Cultura do noso Concello".


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page