Laura Moure/Arzúa
A 50ª Festa do Queixo dará o seu inicio oficial o sábado 15 de marzo ás 12:00 horas cun acto inaugural cargado de emoción e sentido de identidade. Neste acto, celebrarase unha homenaxe colectiva que simboliza a unión e o recoñecemento de todos os que forman parte da tradición queixeira de Arzúa-Ulloa. Durante o acto inaugural, celebrarase unha homenaxe colectiva que se simbolizará en dúas persoas que representan a esencia e a historia desta festa.

Por un lado, recibirá a homenaxe Pilar Camba Carril (Fundadora da Queixería Barral) en nome de todas as mulleres queixeiras. Ela e todas estas mulleres encarnan o esforzo, a
dedicación e o compromiso que, a diario, contribúen á produción e preservación do queixo
tradicional. E Xesús Bendaña será o representante de todas as persoas pioneiras da Festa do Queixo. Estas persoas simbolizan a visión e o traballo dos que, fixeron posíbel que esta celebración se convirta nun referente gastronómico e cultural.
Publicidade
A homenaxe colectiva, materializada nestas dúas personalidades, reflicte o recoñecemento á labor das mulleres queixeiras e á importancia das persoas pioneiras que impulsaron e consolidaron a Festa do Queixo. Este acto reafirma o compromiso de preservar a tradición queixeira e de impulsar a difusión da cultura e da gastronomía galega, elementos que fan de Arzúa-Ulloa DOP un símbolo de identidade e orgullo.
Con todo o apoio da comunidade e das institucións, a 50ª Festa do Queixo segue abrindo
novos camiños para a difusión das nosas tradicións e para a unión de xente de todas as
idades e procedencias.
תגובות