top of page

Arranca hoxe a 50ª Festa do Queixo de Arzúa cunha programación para todas as idades

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Actuarán o sábado Xoel López, The Rapants, Cariño, Mondra e Capital Voskov e o domingo Xisco Feijoó, Os Melidaos e O Son de Arzúa


Laura Moure/Arzúa

A Festa do Queixo de Arzúa chega este ano a unha edición moi especial, celebrando o seu 50º aniversario cunha programación cargada de novidades, protagonismo local e un récord de participación queixeira. Dende hoxe, día 14, ata o domingo 16 de marzo, Arzúa converterase no epicentro da cultura, gastronomía e tradición galega cun evento que promete ser inesquecible.


Nesta edición tan significativa, a veciñanza de Arzúa terá un papel destacado. O domingo

acollerá O Son de Arzúa, un espectáculo musical que reunirá a tres agrupacións emblemáticas do municipio: O Bringuelo, a Banda de Música de Arzúa e a Rondalla

Moraima. Ademais, a identidade gráfica da Festa foi creada polo deseñador local Dani Camino e a comunicación será a cargo de Olalla Dopico.

Outro dos fitos deste 50º aniversario é a creación dun mural urbano do recoñecido artista Yoseba MP. A obra, inspirada en María Rodríguez Pazos, unha queixeira da parroquia de San Martiño, rende homenaxe ás mulleres queixeiras, cuxa dedicación fixo do Queixo de

Arzúa un referente gastronómico. O mural, enmarcado na serie "Fenómenos do Rural", simboliza a forza e resiliencia destas mulleres que conservan a tradición do queixo galego. Inaugurarase hoxe, ás 10 horas no Edificio de talleres del Camino.


A prestixiosa chef Lucía Freitas, galardoada cunha Estrela Michelín, dous Soles Repsol e o premio Sol Sostible 2024, será a pregoeira desta edición. Coa súa aposta polos produtos

locais e o talento feminino na gastronomía, Freitas simboliza os valores desta festa. Ademais, ofrecerá un showcooking gratuíto ata completar aforo.


A Festa do Queixo 2025 superou todas as expectativas ao alcanzar 125 inscricións de

expositores, das cales máis de 80 corresponden a queixerías, un récord absoluto. A elevada demanda levou a organización a ampliar o espazo expositivo, habilitando por primeira vez o primeiro andar do multiusos para produtos non queixeiros. Ademais, como novidade, as rúas cercanas ao recinto feiral acollerán un espazo de artesanía, dando visibilidade ao traballo de creadores locais.


Entre os expositores destaca a presenza do mellor queixo do mundo 2024 (‘Queijo de

Ovelha Amanteigado’, de la quesería Quinta do Pomar), que estará dispoñible para degustación e venda, ofrecendo aos asistentes a oportunidade única de probar un dos

produtos máis destacados a nivel internacional.


Pensando nas familias, creouse un espazo conciliador e actividades infantís para garantir

que os cativos gocen da festa. A animación de rúa terá un papel destacado, facendo que

toda a vila se transforme nun escenario vivo.


No apartado musical, todos os concertos serán de balde e en recinto aberto, asegurando unha festa accesible para todos. O cartel está conformado maioritariamente por artistas

galegos e/ou que interpretan en galego, reforzando o compromiso coa música do país. Ademais, no recinto dos concertos haberá un punto violeta para informar e axudar ante

calquera agresión sexista. Actuarán o sábado Xoel López, The Rapants, Cariño, Mondra e Capital Voskov e o domingo Xisco Feijoó, Os Melidaos e O Son de Arzúa.


O tecido empresarial de Arzúa xoga un papel fundamental nesta edición, colaborando

activamente na proxección do evento. A implicación do comercio e das empresas locais

reforza o carácter comunitario da festa, consolidándoa como un referente cultural e

gastronómico.


A edición de 2025 marca tamén a primeira participación da European Cheese Route, unha

asociación internacional que promove o turismo gastronómico e cultural vinculado ao

queixo. Varias queixerías adscritas a esta rede estarán presentes, enriquecendo a oferta con perspectivas europeas. Como parte das actividades conmemorativas, presentouse un spot especial que homenaxea as queixeiras, así como as persoas pioneiras da Festa que fixeron posible que o Queixo de Arzúa sexa recoñecido máis alá das nosas fronteiras.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Durante o acto inaugural, celebrarase unha homenaxe colectiva que se simbolizará en dúas persoas que representan a esencia e a historia desta festa: Por un lado, recibirá o homenaxe Pilar Camba Carril (Fundadora da Queixería Barral) en nome de todas as mulleres queixeiras. Ela e todas estas mulleres encarnan o esforzo, adedicación e o compromiso que, a diario, contribúen á produción e preservación do queixotradicional.

Xesús Bendaña será o representante de todas as persoas pioneiras da Festa do Queixo. Estas persoas simbolizan a visión e o traballo dos que, fixeron posíbel que esta celebración

se convirta nun referente gastronómico e cultural.


O alcalde, Xesús Carril, salienta que "o 50 aniversario da Festa do Queixo representa a forza dunha tradición que se mantén viva grazas ao esforzo de toda a comunidade. Queremos que esta edición sexa unha celebración para todas e todos, un punto de encontro onde a nosa cultura, gastronomía e música brillen con máis intensidade que

nunca."


Pola súa banda, a concelleira de Igualdade, Lucía López, destaca a importancia de visibilizar o papel das mulleres queixeiras: "Sen elas, sen o seu traballo e dedicación ao

longo dos anos, o Queixo de Arzúa non tería acadado o prestixio que ten hoxe. Esta

homenaxe é máis que merecida."


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O concelleiro de Xuventude, Dani Moscoso, engade que a Festa do Queixo é moito máis ca unha feira gastronómica; é un evento que envolve á toda a vila, que fai partícipes ás novas xeracións e que nos permite seguir apostando pola nosa identidade."


Con todas estas novidades, a Festa do Queixo 2025 preséntase como unha celebración

inclusiva, apostando polo talento galego, a artesanía e a identidade cultural.

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page