top of page

O Pino impulsa unha nova edición do programa 'Vai de Auga 2025' con saídas ás Termas de Cuntis

O período de inscricións ábrese o luns 21 de abril


Laura Moure/O Pino

O Concello do Pino pon en marcha unha nova edición do programa Vai de Auga, unha iniciativa que busca mellorar o benestar da veciñanza a través da participación en actividades termais, ao tempo que se fomentan os hábitos de vida saudable e a convivencia social. Nesta edición de 2025, o programa volve ofrecer cinco sesións no Acquaform Termas de Cuntis, un espazo pensado para o relax e o coidado persoal. As saídas realizaranse os mércores 7, 14, 21 e 28 de maio, e 4 de xuño, con saída dende a Praza do Concello ás 16:30 horas e regreso arredor das 20:00 horas.

O prezo é de 70 euros e inclúe o acceso ás instalacións termais. O desprazamento en autobús está totalmente financiado polo Concello, polo que é gratuíto para todas as persoas participantes.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

As inscricións estarán abertas a partir do luns 21 de abril no Rexistro do Concello. As prazas están limitadas a 55 persoas, polo que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición. As persoas interesadas poden obter máis información chamando á Casa da Cultura ao 981

511 065. Formulario de inscrición e folla de pagamento neste enlace


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Este programa consolidouse ao longo dos anos como unha das actividades máis valoradas pola veciñanza do Pino, tanto polos seus efectos beneficiosos sobre a saúde –especialmente en persoas con doenzas musculares ou articulares– como polo seu valor

social, favorecendo o encontro e a relación entre veciños e veciñas. Desde o Concello animamos á participación e lembramos que, no caso de que se apunten menores, deberán estar acompañados dunha persoa adulta.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page