O Pino acollerá o 23 de abril unha charla informativa sobre a enfermidade de Parkinson
- Laura Moure
- hace 1 día
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/O Pino
O vindeiro martes 23 de abril celebrarase no centro sociocultural Luis Seoane, en Arca, unha charla informativa sobre a enfermidade de Parkinson, organizada pola Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, Parkinson, ELA e outras (ACEM), coa colaboración do Concello do Pino

A sesión, que comezará ás 16:30 horas, correrá a cargo de Beatriz Cabo, traballadora social, e Katiana Sánchez, fisioterapeuta, ambas as dúas profesionais do eido sociosanitario. Durante a charla abordarase información xeral sobre o Parkinson, as súas características e evolución, así como os coidados necesarios para mellorar a calidade de
vida das persoas afectadas.
Esta iniciativa encádrase dentro do programa Parkinson Rural, promovido por Ibercaja, que
ten como obxectivo mellorar a calidade de vida das persoas con Parkinson no medio rural a través de accións de información, formación e tratamentos rehabilitadores. En España, máis de 160.000 persoas padecen esta enfermidade, das cales ao redor do 30 % residen en municipios de menos de 10.000 habitantes.
Publicidade
A charla é de acceso libre e está dirixida tanto a persoas afectadas como ás súas familias e coidadores, así como a calquera persoa interesada en ampliar os seus coñecementos sobre esta doenza.
Commentaires