Laura Moure/O Pino
O Concello do Pino inaugurará a temporada de verán o vindeiro sábado 29 de xuño coa apertura da piscina municipal de Lameiro, a cal abrirá de luns a domingo en horario ininterrompido de 12:00 a 20:00 horas. Os abonos poden retirarse na Casa do Concello, de luns a venres entre as 10:00 e as 14:00 horas.
A piscina municipal de Lameiro abrirá o sábado día 29 de xuño tanto para quen queira ir tomar o sol e darse un baño como para as persoas interesadas en facer cursos de natación. A entrada diaria terá un custo de 3,60 euros e haberá abonos de tempada económicos para aquelas persoas que vaian facer un uso habitual das instalacións
municipais.
Publicidade
Os prezos dos bonos individuais oscilarán entre os 6 euros para os menores de 16 anos e de 12 euros para as persoas adultas no caso de ser residentes no municipio. O custo duplícase para as persoas que residen noutros concellos, sendo de 12,02€ o bono individual para menores de 16 anos e de 24,04€ para adultos.
Así mesmo, e só para as familias residentes no Pino, establécese un custo de 15,02 euros por parella, ao que haberá que sumarlle 6,01 euros máis por un fillo e outros tres polo segundo (a partir do terceiro será gratuíto). Iso significa que unha familia con dous
fillos/as ou máis aboará 24,03 euros por toda a tempada.
Publicidade
As persoas que accidentalmente residan no Concello polo período das vacacións poderán acceder ás mesmas tarifas que os residentes aínda que non figuren inscritos no padrón,
previa comprobación dos servicios técnicos municipais. Ademais, as persoas mozas que amosen o seu carné xove desfrutarán dun desconto do 25%.
No que respecta aos cursos de natación, é requisito obrigatorio contar cun abono. As
persoas interesadas poderán asistir a un máximo de dúas clases por semana. O curso terá
un prezo de 3 euros ao mes para menores de 16 anos e de 9,01 para persoas adultas. Os
cursos desenvolverase de luns e xoves en horario de 12:30 a 13:15 horas. A organización
dos grupos dependerá da idade e do nivel dos participantes.
Comments