Ecos da Comarca/Palas de Rei
O Campionato Galego de Rallies chega ao seu parte final coas espadas por todo o alto e co título aínda por decidir, polo que a penúltima cita do certame autonómico promete grandes emocións aos miles de afeccionados, que, seguramente, encherán as cunetas dos dez tramos que se disputarán nas dúas etapas que terá a cita lucense. Un dos principais equipos da proba será o formado polo palense Luis Vilariño e o asturiano Enrique Velasco, que volverán competir a bordo do Skoda FabiaR5 co que subiron ao podio no pasado Rallye Ribeira Sacra.
Publicidade
O propio Luis Vilariño comentaba as súas impresións nas xornadas previas: “O Rallye San Froilán é unha das citas importantes para nós, xa que como lucenses que somos, correr en casa sempre che dá un plus de moral. No noso caso o principal obxectivo é tentar pelexar polos postos de podio e se é posible loitar pola vitoria, sabemos que vai ser difícil dado o gran nivel que temos en Galicia".
Publicidade
"Sabemos que contamos cun vehículo competitivo, como demostramos no Ribeira Sacra, polo que sairemos coa máxima ilusión e ganas de brindar un bo espectáculo aos afeccionados, ademais de tentar pelexar por un bo resultado para os nosos patrocinadores. Nesta parte final da tempada, estamos a traballar de fronte ao proxecto da próxima tempada, cando tentaremos dar un paso adiante na loita polos triunfos.”
Comments