O orzamento de 2025 do Concello de Sobrado ascende a 3.338.062 euros, o máis alto da historia
- ecosdacomarca
- hace 11 horas
- 1 Min. de lectura
O alcalde, Lisardo Santos, destaca o gasto en Servizos Sociais que continúa tendo un "gran peso sen deixar a un lado, por iso, o resto de necesidades da veciñanza"
Ecos da Comarca/Sobrado
O Concello de Sobrado aprobou no pleno de onte o orzamento de 2025. O documento económico ascende a 3.338.062 euros, o máis alto da historia do Concello.

O alcalde, Lisardo Santos, destaca o gasto en Servizos Sociais que continúa tendo un "gran peso sen deixar a un lado, por iso, o resto de necesidades da veciñanza". O rexedor apunta que se trata duns orzamentos "realistas, estables e ambiciosos baseados na procura da eficiencia e eficacia na xestión municipal".
Publicidade
O documento cumpre coa estabilidade orzamentaria e a sustentabilidade financieira, así como cos límites de gastos non financieiros. O primeiro edil explica que o obxectivo é que Sobrado sexa unha "administración ben xestionada e solvente e sen endebedamento".
Publicidade
Para iso, a proposta para o 2025 caracterízas por:
O crecemento notable nos investimentos grandes e pequenos que posibilitarán o crecemento económico e o benestar das persoas como centro das actuacións.
A mellora dos servizos públicos desde unha perspectiva sostible e innovadora así como a creación de emprego.
Comments