Laura Moure/IsmaelRS/Santiso
ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023. RESULTADOS
Despois da intensa campaña electoral, hoxe, domingo, foi a quenda dos veciños. Co seu voto decidiron en toda España quen ocupará a súa Alcaldía ao longo destes vindeiros catro anos. Os centos de veciños das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa pasaron polas urnas. Cabe mencionar que en total nos 17 municipios había 60 candidaturas.
O nacionalista Manuel Adán volveu gañar as eleccións e será de novo alcalde de Santiso.
Os RESULTADOS son:
BNG ( 7 concelleiros)
PP (2 edís).
No caso de Santiso optaban a Alcaldía tres candidaturas: BNG, PP e PSOE. Poden consultarse as listas no seguinte enlace: https://www.ecosdacomarca.com/post/tres-candidaturas-buscan-facerse-coa-alcald%C3%ADa-de-santiso
コメント