top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O Museo da Terra de Melide ten nova vitrina dedicada á fábrica de puntas da Capela (Toques)

Ecos da Comarca/Comarca Terra de Melide

Autor: Museo da Terra de Melide.

A pasada semana o Museo da Terra de Melide colocou unha nova vitrina expositiva con materiais procedentes da antiga fábrica de puntas que estivo funcionando a finais do século XIX nas dependencias do cenobio bieito da Capela (Toques), unha vez desamortizado. Estas pezas ocupan agora o lugar da táboa do coro lígneo da Catedral de Santiago, que no pasado mes de outubro foi entregada en réxime de cesión permanente ó Museo da Catedral para ser recolocada en dito coro (sito na actualidade na Igrexa de San Martiño Pinario e ser o lugar que lle corresponde por natureza).


Publicidade  

"Aproveitando o oco baleiro decidíuse crear nesa vitrina a sección dedicada a este antigo complexo industrial instalado en Toques no ano 1878. Esta vitrina ven a completar a sección de Historia e de Arqueoloxía de época histórica da Sala 0 do Museo, seguindo o discurso expositivo das nosas salas. Anteriormente estes materiais podiamolos ver na sección do ferreiro (Sala 3) mais consideramos que o que eses obxectos nos teñen que contar se adapta mellor á sección de Historia do Museo (Sala 0)", explica o museo.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Non é este a última reforma pendente xa que adiantan que están en proceso de creación dunha vitirna dedicada á relixiosidade popular (tamén na Sala 0) e á recolocación de

varias pezas como o Retablo do Entroido de Arturo Baltar e as tallas de Nilo Cea.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page