top of page
Foto del escritorLaura Moure

O movemento Vilas en Flor 2024 premiará a 42 municipios galegos por mellorar os seus espazos verdes

O ano pasado foi distinguido das comarcas o concello de Lalín


Laura Moure/Lalín

O movemento Vilas en Flor 2024 intensifica a súa actividade neste arranque de outono coas visitas de avaliación aos 42 municipios galegos que aspiran a recibir as Flores de Honra. Este é o galardón co que o programa recoñece a xestión sostible, a educación ambiental e a concienciación cidadá no coidado da contorna. Por provincias, na Coruña hai 13 concellos adscritos; 20 en Pontevedra, entre eles Lalín; 2 en Lugo e 7 en Ourense co denominador común de que todos eles teñen menos de 40.000 habitantes.

Os 38 concellos premiados o ano pasado, entre eles Lalín.
  • Provincia da Coruña (13): A Laracha, Abegondo, Arteixo, As Somozas, Carballo, Coristanco, Culleredo, Curtis, Oza-Cesuras, Ponteceso, Sada, San Sadurniño, Vimianzo (novo).

  • Provincia de Pontevedra (20): A Estrada, A Guarda (novo), As Neves (novo), Caldas de Reis, Cambados, Cuntis, Gondomar, Lalín, Marín (novo), Mondariz, Mondariz-Balneario (novo), Mos (novo), O Rosal, Ponteareas, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo (novo), Tomiño, Tui, Vilagarcía de Arousa.

  • Provincia de Lugo (2): Chantada, Sarria.

  • Provincia de Ourense (7): A Pobra de Trives, Allariz, Carballiño, Leiro, Manzaneda (novo), San Xoán de Río, Xinzo de Limia.


Publicidade

O movemento Vilas en Flor está impulsado en Galicia pola Fundación Juana de Vega xunto con Asvinor (Asociación de Viveristas del Noroeste) e Agaexar (Asociación Galega de Empresas de Xardinería). Nesta edición, o programa conta co patrocinio da Consellería de Medio Ambiente, a través do Instituto de Estudos do Territorio, así como de empresas do sector ambiental como son Husqvarna, Makita e Rain Bird.


O equipo de expertos voluntarios xa está a recorrer Galicia para valorar o traballo realizado nos pasados meses polos gobernos municipais para mellorar a xestión dos seus espazos verdes tendo en conta os aspectos contemplados nas bases. Estos son o coidado do patrimonio vexetal e paisaxístico; o respecto polo medio ambiente e a sostibilidade; e uso social e as sinerxias coa actividade turística.


Publicidade

  • Gala a mediados de novembro

    A entrega dos galardóns Vilas en Flor 2024 terá lugar o 15 de novembro en Salvaterra de Miño (Pontevedra), ás 12:00 horas na Casa do Concello.


    FLORES DE HONRA 2023:

    4 Flores de Honra: Allariz, Chantada e Tomiño.

    3 Flores de Honra: A Laracha, As Somozas, Caldas de Reis, Cambados, Carballo, Gondomar, Lalín, Narón, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, San Sadurniño, Vilagarcía de Arousa.

    2 Flores de Honra: Abegondo, Arteixo, Coristanco, Cuntis, Leiro, Mondoñedo, O Carballiño, O Rosal, Oza-Cesuras, Ponteceso, Sada, Sarria, Tui.

    1 Flores de Honra: Mondariz, A Estrada, A Pobra de Trives, Culleredo, Curtis, Ortigueira, Ponteareas, Pontedeume, San Xoán de Río e Xinzo de Limia.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page