Laura Moure/Monterroso
Unha situación angustiosa produciuse onte, domingo, nun bar da localidade de Monterroso. Unha persoa sufríu un atragoamento e foi o monterrosino Noel Ferreiro o que conseguiu salvala.

Todo aconteceu sobre as 19:30 horas como nos conta Noel Ferreiro. "Estaba entrando nun bar da vila coa miña parella e unha amiga cando sentimos ao dona do bar berrando que por favor alguén axudara! Vimos unha muller, duns 60 anos aproximadamente, que se estaba atrangantando e que a súa parella lle estaba intentando axudar, pero non daba feito". Entón Ferreiro decidiu dar un paso ao fronte e intentalo el. "A muller non tosía. Aínda que temblando, porque é unha situación complicada, practiqueille a Manobra de Heimlich. Axudoume moito que son unha persoa alta. E conseguín que a muller expulsara o cacho de pan e de embutido, cando xa estaba moi débil", indica este monterrosino que sinala que se producíu un momento de moita tensión.
Publicidade
El é técnico de mantemento industrial e é a primeira vez que practica a Manobra de Heimlich. El viviu de pequeno o atrangontamento doutra persoa, e a raíz de aí quixo aprender como podía salvarlle a vida a algúen nesa situación e gracias ao seu interese e preocupación e a un curso ao que asistiu, onte conseguiu salvar a esta muller en Monterroso.
El non se sente un heroe, e non lle gusta ser o protagonista, pero co seu testemuño quere reivindicar que todos deberiamos aprender a saber actuar en situacións coma estas. "Debería ser algo que dende as institucións e os centros educativos se debería facer máis fincapé", recalca.
Comments