Laura Moure/Monterroso
O mozo de Monterroso Maikel Diéguez recibiu este sábado en Vilagarcía o título de campión galego de VFTIMING na categoría Pitmotard 190, un logro que consegue por segundo ano consecutivo. O encargado de facer entrega do galardón foi o alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, que acudiu á gala de VFTIMING convidado pola organización por acoller esta vila unha das probas do Xogade coas Motos no ano 2024. Unha proba deportiva para rapaces e rapazas que volverá a Monterroso este ano, previsiblemente no verán.
Eloy Pérez fixo entrega dos galardóns aos gañadores na categoría VFTIMING Pitmotard 190. O alcalde estivo acompañado por outros representantes públicos que participaron na 'Gala dos Campións', un evento organizado para celebrar os éxitos acadados no 2024, entre os que estaba persoal do Concello de Vilagarcía, da Deputación de Pontevedra, da Xunta de Galicia ou dos Concellos de A Pastoriza, As Pontes, Forcarei e Outeiro de Rei, onde se celebraron as probas.
Publicidade
Desde Vilagarcía trasladoulle o seu apoio a Maikel Diéguez, a quen felicitou por este novo título e agradeceu o traballo levado a cabo para traer a Monterroso a proba 'Xogade coas motos', que foi un éxito.
O piloto agradécelle ao Goberno local, así como a patrocinadores, amigos e familiares o apoio recibido nesta temporada.
Comments