O alumnado puido coñecer a aplicación informática XeoCode, un sistema de información xeográfica en tempo real con toda a información dispoñible sobre os lumes
Ecos da Comarca/Arzúa
O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, recibiu este mércores a visita do alumnado do IES de Arzúa, que coñeceron as instalacións do Centro de Coordinación Central (CCC) de Defensa contra os Incendios Forestais.
Publicidade
Neste encontro, Manuel Rodríguez guiounos polas instalacións do CCC e explicoulles o funcionamento deste centro, integrado na estrutura organizativa da loita contra os lumes na nosa comunidade, nunha rede autonómica de tres niveis e que, polo tanto, tamén inclúe aos Centros de Coordinación Provinciais e aos Centros de Coordinación de Distrito.
Publicidade
Ademais, os alumnos puideron coñecer a aplicación informática XeoCode, un sistema de información xeográfica en tempo real con toda a información dispoñible sobre os incendios.
Comentarios