O Galaico Trail Run sóbese ao pódium unha vez máis
- ecosdacomarca
- hace 1 día
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Deza
O sábado 12 de abril deportistas do Galaico Trail Run participaron un ano máis no lX Trail de Celanova, proba que destaca sobre todo pola espectacular saída dende o claustro do Mosteiro de San Rosendo.

Publicidade
Tal e como explica o club foi unha carreira moi rápida con dúas distancias:
Trail longo de 22k e 750+ onde Lucía Peón acadou o 2° posto da xeral femenina e Andrea Vázquez o 3°.
No Trail Curto de 11,5k e 400+, Cristóbal Dafonte chegou 7° da xeral a meta e subiu o máis alto do caixón na cat Vet. Seguido de Camilo Framiñán, 8° da xeral e 3°cat Senior.
Publicidade
Tamén subeu o pódium Margarita Blanco Dieguez 3° na cat. Vet. Participaron tamén Luis Canda, Tania Jordedo e Alberto Campos.
Comments