O Furelos e o Ulla ao seu paso polo concello de Santiso están por riba do seu nivel de desbordamento
- ecosdacomarca
- 17 ene 2023
- 2 Min. de lectura
O temporal deixa máis de 700 incidencias rexistradas polo 112 Galicia
Laura Moure/Santiso
O 112 Galicia informou hoxe ao mediodía de que actualmente están por enriba do seu nivel de desbordamento os ríos Lérez, en Pontevedra; o Mera, en Ortigueira; o Furelos, en Santiso; o Mandeo, en Aranga; o Mendo, en Betanzos; o Ouro, en Foz; o Parga, en Guitiriz; o Ladra, en Vilalba e Begonte; o Tambre, en Oroso; o Rego das Mestas, en Valdoviño; o Cobo, en Cervo; o Miño, en Lugo, A Peroxa e Ourense; o Sor baixo, no Vicedo; o Xallas 1, en Santa Comba; o Ulla, en Santiso; o Labrada, en Fraga, o Sil, no Barco de Valdeorras; o Avia, en Ribadavia; o Arnoia, en Baños de Molgas; e o Tea, en Salvaterra.

Para evitar situacións de risco, é importe seguir estas recomendacións. (Preme en recomendacións).
En canto as incidencias, o temporal deixa máis de setecentas incidencias rexistradas polo 112 Galicia. Desde o comezo do día de onte, 16 de xaneiro, o 112 Galicia vén de contabilizar un total de 709 incidencias. Nas últimas horas, entre as 8 e as 12 deste mediodía, foron máis dun cento (102 en concreto).
Os casos máis repetidos tiveron que ver, unha vez máis, coa presencia de árbores e pólas sobre as estradas, ás que se lle viñeron sumando progresivamente incidencias relacionadas con anegamentos en rúas, estradas, ou vivendas (19 no día de hoxe), desprendementos (8) e derrubamentos (5). En moitos puntos da comunidade galega, a caída de árbores provocou o corte de calzadas, principalmente secundarias. De momento, o 112 Galicia non fala de ningunha incidencia destacada nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa.
Comments