top of page

O documental “A loita final” estréase hoxe, sábado, en Palas de Rei

Ecos da Comarca/Palas de Rei

O documental “A loita final” estréase este sábado, 12 de abril, ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Palas de Rei. Esta peza audiovisual, dirixida por Enrique Banet e producida por Mabel Rivera, trata os posibles efectos da implantación da macrocelulosa Altri no corazón de Galicia.



Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Este documental realizouse a raíz da preocupación suscitada de que un proxecto desta envergadura se puidese realizar. De feito Mabel Rivera, recoñecida actriz galega, fai fincapé en que “aínda non se coñecen coa profundidade certas cuestións que se deberían” e engade que unha das motivacións para a creación desta peza foi “o alarmante informe do Consello da Cultura Galega”.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

“A loita final” creouse de maneira desinteresada e vai estar a disposición de quen o queira ver. Ademais, a súa produtora considera que están realizando “un labor de servizo público que agora mesmo non se está a cubrir pola televisión pública”. O obxectivo deste documental os seus autores téñeno claro “que a xente teña a posibilidade de coñecer esta información e a partir de aquí que decida libremente”.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page